Achégase o peor mes para os cans de caza
Cada ano decenas de milleiros de animais son abandonados ou asasinados despois de xaneiro, cando remata a tempada de caza. Sobre todo galgos (uns 50 mil), criados para esta actividade e desbotados despois. Protectoras e campañas de adopción traballan contra esta situación.