Movementos sociais
Incendios en toda Galicia deixan ao descuberto a desorganización do dispositivo de Medio Rural
Entre o mércores e o xoves rexistráronse incendios no Xurés, en Cervantes, en Lalín, en Manzaneda, en Mazaricos, en Pol ou en Antas de Ulla. Sindicatos e veciños denuncian a "improvisación" e os escasos efectivos das brigadas de extinción.
A Deputación da Coruña concede 150 mil euros "a dedo" a unha entidade sen experiencia
Trátase dun proxecto de compostaxe doméstica promovido por AGADES (Asociación Galega de Desenvolvemento Social). ADEGA denuncia o "uso fraudulento de cartos públicos" e que se ignoraron as advertencias da Intervención provincial.
Outro anaco da torta pública: a seguridade
ECOAR
Desafiuzamentos dende a gardaría
O goberno municipal de Ames ameaza con expulsar unha nena de dous anos da Escola infantil por unha débeda de 165,6 euros. A nai, que cobra 260 euros mensuais recibiu unha axuda de emerxencia social xestionada polo propio Concello.
O apoio á querela contra o franquismo chega aos concellos
A CRMH da Coruña convida os grupos municipais da comarca a que presenten mocións para que os municipios apoien o proceso xudicial aberto en Arxentina contra a ditadura fascista. A iniciativa prevé estenderse ao resto de Galicia.
As plataformas galegas impulsan unha ILP contra os desafiuzamentos
Colectivos de afectados pola hipoteca iniciarán a recollida de sinaturas para unha iniciativa que propón unha lei de vivenda baseada no modelo andaluz. Levarán a cabo unha campaña que prevé "concienciar" a sociedade e lograr que a oposición "asuma" as súas iniciativas.
Unha exposición no colexio para amosar o seu "estado lamentable"
A ANPA dun centro educativo de Compostela expón no patio escolar as deficiencias que veñen sufrindo sen que o Concello de Santiago e a Xunta as atendan. "Non podemos explicarlle a un neno de 3 anos que ten que mollar os pés porque non hai orzamentos", din.
Casa de Sar: Unha ocupación atípica
O pasado 6 de decembro nacía en Compostela o Centro Social Autoxestionado do Sar. O espazo non é unha ocupación ao uso, senón unha cesión de espazo onde desenvolver a actividade de colectivos como Stop Desafiuzamentos.
Galicia coida a súa sanidade na rúa
Milleiros de persoas maniféstanse nas principais localidades do país para opoñerse aos "recortes" e "privatizacións" no Sergas. Feijóo, como antes fixera a conselleira de Sanidade, desdeña as mobilizacións e asegura que as secundaron "moi poucas" persoas. Galería de imaxes e vídeo no interior
Os sindicatos destacan o incremento da participación na segunda xornada de folga do Sergas
Unha ducia de manifestacións enchen as rúas das cidades e vilas galegas en defensa da sanidade pública. Os traballadores denuncian os obstáculos postos pola Consellaría ao paro.
Resultados de PISA e factores externos
Paulo Gamallo