O monstro do lago das Pontes
A finais de decembro estrearase na vila pontesa Eu tamén o vin, un falso documental que xoga coa idea da existencia dun ser descoñecido nas augas da lagoa artificial. De fondo, as críticas ao triunfalismo amosado polas distintas administracións ao redor deste proxecto.