O Supremo anula a urxencia da ocupación dos terreos de ampliación de Alvedro
Aena terá agora que devolver os terreos e chegar a acordo cos seus propietarios para pagarlles un xusto prezo. A sentenza atrasa a ampliación da terminal da Coruña e pon en dúbida o procedemento seguido polo anterior Goberno central e o ex ministro José Blanco.