Pistas de pádel: "servizos básicos para a poboación rural", segundo a Xunta
Entre os 4,5 millóns de euros de axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais galegas cofinanciadas polos fondos ruropeos figura un investimento de 423 mil euros en pistas de pádel. ADEGA acusa o Goberno de "converter o desenvolvemento rural sostible nun instrumento ao servizo da súa política clientelar".