Movementos sociais
Praza Pública: informe de transparencia nº 2
Segundo informe de transparencia da Fundación Praza Pública, que actualiza os datos do anterior, publicado hai un mes e medio.
Abella Lupa, premio da rede Emprendeverde
Esta Sociedade Agraria de Transformación de Covelo ten un dobre obxectivo: a produción ecolóxica de mel e tamén a recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia.
Milleiros de pedras para homenaxear a 'marea branca' do Prestige
Xabier Garrido, percebeiro e artista de Oia, presenta o seu monumento, un enorme tronco que será inaugurado o vindeiro 19 de novembro e que estará decorado coas máis de 1.600 pedras enviadas por voluntarios que colaboraron na limpeza da costa galega.
O Tribunal Constitucional valida o matrimonio homosexual
Rexeita o recurso presentado polo PP hai sete anos con oito votos a favor e tres en contra. Máis de 22.000 vodas entre persoas do mesmo sexo celebráronse desde a súa aprobación.
"Só dende o cinismo se poden cobrar 13 millóns e desprezar unhas páxinas que alimentan o sentir dun país"
Xornalistas, colaboradores e lectores apoiaron en Compostela a continuidade da edición galega de El Pais e o mantemento dos postos de traballo. Suso de Toro, Tony Lomba, Julián Hernández ou Uxía participaron nun acto que sinalou a importancia do xornal como "ferramenta que nos axude a construír Galicia".
O IPCC reúne-se em Vigo nesta semana
Adela Figueroa
"A ciencia fala, os políticos non escoitan"
Coalición Clima, Amigos da Terra, Verdegaia, Adega, SGHN, CC OO, SEO/BirdLife, Greenpeace e Ecologistas en Acción concentráronse este luns en Vigo na primeira xornada da reunión do Panel Intergobernamental de Cambio Climático. Reclamáronlles aos gobernos que escoiten as recomendación dos expertos que esixen unha redución das emisións contaminantes.
Audiencia Nacional. O síntoma e a doenza
Fernando Blanco
"Só é cuestión de tempo que ocorra outro Prestige"
Greenpeace elabora dun detallado informe no décimo aniversario da catástrofe no que advirte de que outro sinistro semellante é máis que probable "mentres se continúe a depender do petróleo e mentres a Xustiza non teña os suficientes recursos para afrontar os delitos ambientais".
80 papaventos negros lembrarán nas praias da Costa da Morte a catástrofe do Prestige
O mallorquín Martí Monjo prepara unha accíón visual para lembrar o décimo aniversario do Prestige: o 3, 4 e 5 de xaneiro fará voar 80 papaventos negros nas praias do Rostro (Fisterra), do Coido (Muxia) e de Traba (Laxe). Busca voluntarios para coselos e voalos.
A Batería de San Cristovo: Outro espazo público recuperado
O grupo cidadán que se dedica a recuperar espazos públicos na comarca de Ferrol finaliza os traballos nesta instalación militar abandonada. Anuncia que a vindeira semana comezará a intervir noutro lugar. Volve denunciar o desbalde de 700.000 euros nas obras da Praza de España.