Viveiro convértese no sétimo concello galego que prohíbe a tortura contra os animais
Aprobou unha moción que impide a utilización de animais en circos e únese a Cangas, Dodro, A Pobra do Brollón, Vedra, Teo e Ares, que xa aprobaron declaracións en contra de todo tipo de malos tratos. Libera promove a presentación deste tipo de mocións por parte dos cidadáns.