"Así suena el Lempa"
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) puxo en marcha obradoiros de radio en sete escolas do Salvador para afondar na conciencia medioambiental e o fomento da pesca artesanal.
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) puxo en marcha obradoiros de radio en sete escolas do Salvador para afondar na conciencia medioambiental e o fomento da pesca artesanal.
Apenas un millón de persoas viron o espectáculo, en horario infantil, fronte aos máis de dous millóns que seguiron a etapa da Vuelta a España que precedeu á tourada. Galicia foi a segunda comunidade na que a emisión tivo menos audiencia, con só o 6%
Foi presentada por Galicia, mellor sen touradas, en protesta pola difusión de contidos violentos en horario infantil. O Consello Asesor de RTVE en Catalunya xa pediu que se desconectase o sinal naquel territorio pero finalmente a televisión pública emitirá os touros -por vez primeira en seis anos- tamén alí.
Organizacións estudantís vascas, catalás e galegas, pero tamén de Aragón, Cantabria ou Asturias, xúntanse na procura dunha estratexia común para a mobilización contra a política educativa do PP de cara a "un outono quente"
Ánxel Vila faleceu o pasado mes de decembro. O Concello de Ribeira acollerá o sábado 15 de setembro uns actos que incluirán unha mesa redonda sobre a historia dos vertidos nucleares na foxa atlántica coa participación de Camilo Nogueira, Manuel Rivas, Amada Traba, Pili Pereiro ou Manuel Anxo Méndez.
SOS Sanidade Pública, Foro Galego de Inmigración e Médicos do Mundo denuncian que o decreto do Goberno central que suprime a atención sanitaria para os sen papeis elimina o carácter universal da sanidade, excluíndo unhas nove mil persoas en Galicia. A CUT ocupou un ambulatorio en Compostela, onde permanecerán pechados até este martes.
A central nacionalista dá conta dun contrato de publicidade da Consellería de Sanidade para "sensibilizar e promocionar o consumo destes medicamentos" e censura que o Goberno non dedique estes cartos "a comprar ou subvencionar estas menciñas".
A plataforma contraria á mina sinala que Edgewater informou incorrectamente dos perigos dos seus residuos para así saltar os controis legais de prevención de accidentes graves
Representantes das plataformas do Deza, do Carballiño e do Irixo realizaron este xoves un acto simbólico para relanzar a súa campaña, procurando introducir o tema no debate politico de cará aos comicios de outubro e como impulso á recollida de sinaturas para a presentación dunha ILP que promove o cambio no modelo de xestión de residuos.