Os colectivos animalistas preséntanlles aos partidos as súas demandas para o 21-O
A Asociación Animalista Libera, a Fondation Franz Weber, Galicia, Mellor Sen Touradas e o Observatorio de fauna salvaxe en cautividade ZOOGAL reuniranse coas distintas formacións políticas para convencelos de que se cumpra a prohibición de entrada de menores a festexos taurinos ou a promoción de campañas autonómicas de adopción de animais domésticos.