Voltar

Mundo

  • África: Crise alimentaria e acaparamento de terras

    Arredalia, o boletín de antigos alumnos en prácticas do IGADI, dedica un monográfico á Crise en África, analizando aspectos como o fame e a emerxencia humanitaria no continente africano, China e a seguridade alimentaria, os efectos da intervención estadounidense, o acaparamento de terras, as leccións das revolucións no Magreb e o protagonismo da muller nos avances da pacificación en Ruanda.

  • Libia: A Cirenaica desafía a autoridade do CNT

    Os problemas non deixan de acumularse para o Consello Nacional de Transición (CNT) libio, que dista de ser considerado unanimemente a lexítima nova autoridade do país. Ás dificultades para pacificar o territorio inmediatamente despois da finalización do conflito armado, agora é a rexión da Cirenaica, no leste do territorio, a que se erixiu en rebeldía contra o novo poder, autoproclamando a súa semiautonomía. Esta resolución tomouse en Benghazi, no marco do Congreso do Pobo da Cirenaica, movemento que encabeza o case octoxenario Ahmed Zoubaïr o-Senoussi, emparentado co rei Idriss o-Senoussi, derrocado por Muamar Gadafi en 1969.

  • “Escoito moitas veces que o día que as mulleres cheguen ao poder, acaban os homes”

    María Rosario López Juárez fala mam, un dos 25 idiomas que cohabitan, en desigual situación, dentro de Guatemala. En lingua mam pequeno dise nunch, rabia tx’u’j, queixo é kyes, e q’anlob’aj significa "mamón". Recolle o cabelo coa diadema tradicional da súa estirpe maia, rematada en borlas shoap, e se dirixe con paciente didactismo ao pequeno auditorio dunha xornada organizada por Panxea-Comercio Xusto e Sodepaz na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela.

  • Contra a impunidade

    Mentres no Estado español a investigación e reparación dos crimes cometidos pola ditadura fascista do xeneral Franco sofre continuos retrocesos e a opinión pública segue sometida a un constante exercicio de propaganda sobre a suposta exemplaridade da transición política española, son cada vez máis numerosos os lugares do mundo onde crimes semellantes son obxecto de investigación e xulgamento. Neste artigo, faise un repaso dos casos máis recentes, tanto daqueles que revisan o seu pasado (Brasil, Guatemala e República Democrática do Congo) como doutros onde a sociedade civil loita en presente para mudar o curso dos acontecementos (México).

  • Eleccións presidenciais en Timor Leste: Entre a polarización e a estabilidade

    Baixo un tenso clima político, a República Democrática de Timor Leste celebrará este 17 de marzo a súa terceira elección presidencial para un período de cinco anos, tras a proclamación da súa independencia de Indonesia en 1999 e o seu recoñecemento formal internacional en maio de 2002. En xuño próximo, Timor Leste celebrará eleccións lexislativas.

  • Anacos de México: Un día normal

    O que non ocupa titulares é que, máis alá dos mortos e as mentiras, hoxe, un día normal no México lindo, millóns de mexicanos e mexicanas irán traballar onde lles deixen, manifestaránse nas rúas, comerán tacos e gorditas con amigos e familiares, amaranse a ritmo de ranchera, lerán libros e xornais, verán telenovelas ou irán ao cine, aprenderán na escola ou nas prazas e nos parques. E farán todo isto mentres agardan, uns sentados e outros en pé, a que lles devolvan dunha vez o país que lles roubaron.