 
        
    
    Ética sanitaria e dereitos das persoas
A relación médico/paciente ou enfermería/paciente non pode ser unha relación de poder, onde os detentadores do coñecemento prescinden da conciencia social e moral da persoa que vai en busca de atención
🎃
Un espazo da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS
 
        
    
    A relación médico/paciente ou enfermería/paciente non pode ser unha relación de poder, onde os detentadores do coñecemento prescinden da conciencia social e moral da persoa que vai en busca de atención
 
        
    
    Cando os pacientes tomamos a palabra, actuando no noso propio nome, non estamos levantando unha forma alternativa de representatividade, senón que estamos creando un ámbito de intervención nos asuntos públicos situado nos bordos da representación formalizada
 
        
    
    A día de hoxe, tan só teñen garantida a atención no tempo máximo de 60 días para intervencións cirúrxicas e 45 días para consultas externas e probas diagnósticas e/ou terapeuticas os pacientes diagnosticados con algunhas patoloxías. Nunca antes como agora foi certa a frase tantas veces repetida: "a atención sanitaria demorada é atención sanitaria denegada"
 
        
    
    Cada día máis vilas e cidades sofren as consecuencias directas das estratexias implantadas nas últimas décadas que sitúan á saúde como un ben de consumo e non como un dereito cidadán
 
        
    
    Pódese aceptar que algunhas persoas non desexen coñecer a fondo o que lles acontece. Pero, non sendo así, deberíase respectar o dereito a saber, porque iso afecta á nosa capacidade de decisión e á nosa autonomía como pacientes
 
        
    
    Cada vez máis, aos e ás profesionais ateigáronlles os cupos e comprimíronlles as consultas por sesión, atribuíndolles un tempo de atención non apto para un paciente con problemas de mobilidade, que tería que saír antes de dicir a que viña
 
        
    
    A descoordinación interservizos, a fragmentación da atención, a nula coordinación socio-sanitaria, a infradotación de recursos económicos, materiais e de equipos profesionais especializados e interdisciplinares constitúen un gran dique de contención para o exercicio do dereito á saúde