Bará, Rodil, Presas e Queixas acompañan a Pontón nunhas listas nas que repiten 16 dos 19 parlamentarios do BNG

Ana Pontón, acompañada de Noa Presas, Luís Bará, Olalla Rodil e Mercedes Queixas, cabezas de lista do BNG ás eleccións do 18F © BNG

Canda a Ana Pontón, lideran as listas Luís Bará (Pontevedra), Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Mercedes Queixas (número 2 pola Coruña). Repiten en postos de saída 16 dos actuais 19 deputados e deputadas

O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado as candidaturas da formación nacionalista para as eleccións do 18 de febreiro, unhas listas nas que, ademais de Ana Pontón como candidata á Presidencia da Xunta e número 1 pola Coruña, aparecen Luís Bará (número 1 por Pontevedra), Olalla Rodil (número 1 por Lugo), Noa Presas (número 1 por Ourense) e Mercedes Queixas (número 2 pola Coruña). 

Podes consultar aquí a relación completa de candidatos e candidatas nas listas, nas que repiten a maioría dos actuais deputados e deputadas do BNG no Parlamento galego. En concreto, ademais dos cinco nomes xa referidos, optan á reelección en postos de saída Rosana Pérez, Ramón Fernández, Daniel Pérez, Iria Carreira, Daniel Castro, Montse Prado, Alexandra Fernández, Paulo Ríos, Carmela González, Cristina Fernández Davila e Iago Tabarés. É dicir, 16 dos actuais 19 representantes.

Ana Pontón, este sábado no Consello Nacional do BNG © BNG

Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”, actual deputado, pecha de forma simbólica a lista da provincia da Coruña, xunto a Suso de Toro e Elvira Souto. En Pontevedra fai o mesmo o ex reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato

Na lista de Lugo sitúase tamén en postos de saída a ex-vicerreitora do Campus Terra da USC, Montserrat Valcárcel Armesto e, en Ourense, a gandeira e concelleira en Xunqueira de Ambía Sonia Vidal Lamas. Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”, actual deputado, pecha de forma simbólica a lista da provincia da Coruña, xunto a Suso de Toro e Elvira Souto. En Pontevedra fai o mesmo o ex reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato.

Neste senso, a líder do BNG, Ana Pontón, destacou que as listas “gañan impulso con novas incorporacións pero tamén apostan polo inmenso caudal de experiencia” acumulada durante os últimos anos polo grupo parlamentario. “O que funciona non se cambia”, engadiu.

Pontón destacou que “este é o momento do BNG", que reivindicou como "a forza do cambio útil para Galiza"

Pontón destacou que “este é o momento do BNG", que reivindicou como "a forza do cambio útil para Galiza" e "a esperanza e a ilusión para todas as persoas que queren abrir un tempo novo". E reclamou que “é o momento de apostar por algo diferente, de apostar por unha muller na Presidencia". A candidata á Presidencia da Xunta subliñou que no BNG “estamos preparados para gobernar desde a responsabilidade, a seriedade e o rigor”, nun Esxecutivo “sen ataduras nin servilismos a Madrid e que unicamente sexa leal aos galegos e as galegas”.

Ana Pontón, acompañada de Noa Presas, Luís Bará, Olalla Rodil e Mercedes Queixas, cabezas de lista do BNG ás eleccións do 18F © BNG

O BNG pide o voto daqueles que votaron por outras forzas en anteriores citas electorais e destaca que “hai moitas formas de sentirse galego e galega e todas son necesarias para construír a Galiza en grande que queremos e merecemos”

O BNG pide o voto daqueles que elixiron a papeleta doutras forzas en anteriores citas electorais e destaca que “hai moitas formas de sentirse galego e galega e todas son necesarias para construír a Galiza en grande que queremos e merecemos”.

Pontón amósase convencida de que “hai partido” e opcións de cambio en Galicia, nun mometo no que, ademais, o PP “entrou directamente en pánico”, dixo. Só así se explica, engadiu, a xestión “tan incompetente, tan chea de mentiras e tan irresponsable” como a que están a facer na crise dos pellets, “repicando punto por punto o nefasto protocolo do Prestige”.

Pontón amósase convencida de que “hai partido” e opcións de cambio en Galicia

A líder do BNG recomendoulle a Rueda que “non menosprece a intelixencia dos galegos e das galegas intentando tapar con mentiras e insultos a súa nefasta xestión deste desastre ambiental”, advertindo que “o que prexudica a imaxe de Galiza é un goberno do PP sen rumbo, noqueado, superado polas circunstancias, incapaz de xestionar esta crise e que, ademais, ten nun total abandono a un dos sectores máis importantes do país”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.