Carretando | Ana Pontón: a construción do sorriso no BNG

Carretando traza o perfil de Ana Pontón cara ao 18F CC-BY-NC-SA Carretando

A piques de comezar a campaña electoral e coa crise dos microplásticos e as numerosas enquisas marcando a axenda, Carretando traza o perfil da actual líder da oposición e candidata do BNG 

A piques de comezar a campaña electoral e coa crise dos microplásticos e as numerosas enquisas marcando a axenda, Carretando achégase á figura da líder da oposición e candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón.

Nunha nova colaboración con Praza.gal, recollemos o novo episodio do podcast de Carretando, que fai un repaso pola traxectoria da política sarriá, dende a súa toma de conciencia política no seu paso polo instituto, ata a súa andaina por Galiza Nova e a transformación orgánica que levou a cabo dentro do proxecto nacionalista. 

Agora, Pontón e o BNG afrontan unha oportunidade histórica, a de investir á primeira presidenta da democracia de Galicia. Da man de Ana Luísa Bouza, da revista Luzes, e Juan Oliver, de Público, carretando traza o perfil de quen aposta por ser a principal esperanza da esquerda galega o 18F.

Pontón, no atril coa lenda "presidenta", no acto organizado polo BNG na compostelá Praza do Obradoiro para presentar o seu decálogo de compromisos de goberno o pasado 24 de xaneiro CC-BY-NC-SA BNG

Este e todos os episodios do podcast de Carretando están no seu Ivoox, Spotify e Apple Podcast. Podes seguir todos os seus contidos en X -si, o antigo Twitter-, Instagram e YouTube e apoiar o seu traballo a través de Patreon.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.