Formoso di que Ourense debe escoller "entre ter de alcalde a Hannibal Lecter" ou a "unha persoa solvente"

Presentación da candidatura de Francisco Rodríguez en Ourense CC-BY-SA PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu este sábado que o "único pacto" que a súa formación subscribirá en Ourense será "cos ourensáns", que terán que escoller o 28 de maio "entre ter de alcalde a Hannibal Lecter ou a Omar Montes", en alusión ao disfrace
do actual rexedor ourensán, Pérez Jácome, no Entroido e ao concerto do cantante na cidade, ou apostar polo aspirante do PSOE, Paco Rodríguez, a quen define como unha "persoa solvente" que "aspira a sentar nos despachos dos ministros para tentar lograr os obxectivos da cidade".

O líder dos socialistas galegos apoiou o ex-alcalde Paco Rodríguez, que aspira a retomar o bastón de mando que deixou en 2012, co obxectivo de "reconstruír" unha cidade que, di, quedou paralizada desde hai máis dunha década.

Presentación da candidatura de Francisco Rodríguez en Ourense CC-BY-SA PSdeG

Formoso di que os ourensáns terán que escoller "entre ter de alcalde a Hannibal Lecter ou Omar Montes" ou "unha persoa solvente"

"Non se poden perder máis oportunidades", dixo ante os medios Rodríguez, nun acto onde tamén estiveron o secretario provincial do PSdeG en Ourense, Rafa Villarino, e outros representantes do partido como o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

"Ourense ten que escoller entre ter de alcalde a Hannibal Lecter ou a Omar Montes ou a unha persoa solvente que aspira a sentar nos despachos dos ministros e ministras para tentar lograr os obxectivos da cidade", espetou Formoso, que incidiu en que "o único pacto" que subscribirá o PSOE en Ourense "vai ser cos ourensáns".

Así, destacou que o "pacto da vergoña", como cualificou o acordo entre o líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, para repartirse os gobernos local e provincial en 2019, fixo que a cidade "protagonizase os peores escándalos en todos os medios a nivel nacional". Por iso, Formoso advertiu que Paco Rodríguez representa a opción para "devolver a dignidade", a "ilusión" e a "capacidade para reter talento" á cidade dás Burgas.

Rodríguez, pola súa banda, censurou a estratexia dun PP ao que ve presentándose como "alternativo a si mesmo". "Dá a sensación de que o PP pasou por riba coma se non estivese a gobernar o últimos oito anos, primeiro en solitario e o últimos catro con Democracia Ourensana ata fai sete ou oito meses", engadiu.

Así pois, tras agradecer o respaldo manifestado por Formoso coa súa presenza este sábado na capital ourensá, o rexedor entre 2007 e 2012 defendeu que "ninguén pode ser alternativa a si mesmo", o que o levou a sentenciar que "a alternativa real para a cidade" é o Partido Socialista.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.