Un dos documentos desclasificados este mércores, manuscrito e atribuído ao CESID, sitúa o político de Vilalba en dúas conspiracións en marcha que en 1981 buscaban sacar a Suárez do poder por vías non democráticas
Os papeis do 23F desclasificados polo Goberno do Estado este mércores introducen moi poucas novidades sobre o xa coñecido oficialmente sobre o intento de Golpe de Estado. Porén, entre os documentos que por primeira vez é posible acceder publicamente figura un de maior interese que detalla algúns posibles plans -en marcha ou non- que neses momentos estarían buscando expulsar da presidencia do Goberno a Adolfo Suárez de forma non democrática, mediante movementos civís, militares ou civís e militares. O documento, manuscrito, figura entre os achegados pola Garda Civil, pero correspóndese con un do que xa existían referencias e que sempre fora atribuído ao CESID.
Este texto, ademais, pon o foco na suposta relación de Manuel Fraga con dúas destas operacións para levar a cabo un golpe militar e derrubar o goberno. Outros documentos desclasificados inclúen tamén outras referencias ao daquela líder de Alianza Popular e posteriormente presidente da Xunta.
No manuscrito debúllanse a existencia e a viabilidade de cinco operacións civís e tres militares. Entre as civís, de distinto signo, só se concede posibilidades á de “ideoloxía socialista” sempre que tivese un relevante apoio militar. E entre as militares, aparece a dos “espontáneos”, identificada como a que finalmente liderou Tejero e se adiantou ás demais (e pode que deixou sen opcións) e que non contaría inicialmente cun gran apoio de mandos militares (aínda que estes si se poderían unir sobre a marcha) pero si de militantes da ultradereita (Fuerza Nueva) e de membros da Garda Civil.
Segundo o manuscrito, Fraga estaría implicado nunha operación liderada por “coroneis” e noutra dirixida por “tenentes-coroneis”, que tería gañado forza pola intervención “dun político (Fraga) que logra convencer a varios xenerais para un encontro na costa levantina
Tamén se cita unha liderada por “coroneis”, cualificada como máis seria (pois os seus impulsores non perdían “o tempo en ‘conspiracións de café’”), que contaría co apoio de Manuel Fraga, do que se rumoreaba -di o documento que estaba “en relación con este grupo conspirador”.
O manuscrito cita de novo a Fraga en relación co terceiro dos golpes militares, dirixido neste caso por “tenentes-coroneis”, do que se di que “adquiriu ultimamente maior protagonismo” grazas á “intervención” dun “xeneral (ou varios) na 'b' de gran historial e capacidade de arrastre” e “dun político (Fraga) que logra convencer a varios xenerais para un encontro na costa levantina”. O texto analiza a viabilidade desta operación como “ningunha” se hai un “deterioro lento” da situación pero “moi probable” se hai un deterioro “rápido”. Acadado neste caso un consenso no exército, relevaríase a Suárez de forma constitucional, con acordo do Rei. Nese momento, di o documento “ao non haber cobertura política de partido, Fraga estaría intentando ser o líder civil”. Iso si, o manuscrito engade que “se considera que os militares son contrarios a un protagonismo tipo Pinochet o Videla”.
Nesta operación de tenentes-cororoneis, “ao non haber cobertura política de partido, Fraga estaría intentando ser o líder civil”. Iso si, o manuscrito engade que “se considera que os militares son contrarios a un protagonismo tipo Pinochet o Videla”.
O documento, en realidade, vai máis aló do 23F, pois na súa segunda metade, posterior ao intento de Golpe, pasa a describir a denominada Operación Halcón, que se debería poñer en práctica antes do 28 de outubro de 1982, día das eleccións xerais que gañou o PSOE por maioría absoluta e, de feito, fixa como posible data a propia xornada de reflexión deses comicios. Estarían implicados, segundo o documento, o capitán-xeneral Jesús González del Yerro e José Luis Cortina Prieto, comandante de Infantería e xefe da agrupación operativa de misións especiais do Cesid. Outros papeis desclasificados este xoves considera probable ("hai indicios) que Cortina fose coñecedor dos plans do 23F previamente ao intento de Golpe.
En realidade, xa se coñecía a existencia dunha conspiración golpista prevista para ese 27 de outubro e, de feito, o 2 de outubro dese ano foron detidos dous coroneis e un tenente-coronel pola súa participación nun novo intento de Golpe de Estado que finalmente non se chegou a realizar.
O 'incidente' de Fraga ás nove da mañá
O propio Fraga tivo tamén protagonismo na longa noite do 23 de febreiro no Congreso ou máis ben semella que buscou ese protagonismo. Ás nove da mañá, cando o Golpe había horas que fracasara, ergueuse do seu escano berrando “quiero salir, esto es un atentado contra la democracia”
O propio Fraga tivo tamén protagonismo na longa noite do 23 de febreiro no Congreso ou máis ben semella que buscou ese protagonismo. Ao redor das nove da mañá do día 24, cando o Golpe había horas que fracasara e simplemente se estaba xestionando a saída dos secuestradores do hemiciclo (a esa mesma hora Tejero estaba asinando sobre un Land Rover o coñecido como 'pacto do capó', coa súa rendición e abandono do Congreso), Fraga provocou un incidente que puxo en perigo non só a súa vida, senón a do resto de deputados e deputadas. Tal e como revelan algúns dos documentos desclasificados -aínda que o sucedido era xa ben coñecido- ao redor das nove e media da mañá, o daquela líder da Alianza Popular abandonou o seu escano e berrou “quiero salir, esto es un atentado contra la democracia”, frases que foron acompañadas doutros berros de compañeiros de partido “viva España, viva la democracia”. Entón, o coronel Tejero entrou no hemiciclo e ordenou o político de Vilalba que sentase e, ante a negativa de Fraga, sacouno do hemiciclo con violencia e levouno a outras dependencias do Congreso.
Noutros documentos, que xa se coñecían previamente, detállase como nese incidente Fraga berra "¿puede la Guardia Civil tenernos como a una pandilla de forajidos a tantos hombres indefensos?" e engade “no paso por esto. Es una traición a España en estos momentos. No están haciendo un favor a España. No paso por esto. Lo siento, pero quiero salir de aquí. Este asunto debe terminar cuanto antes. Nos vamos". Segundo algunhas crónicas publicadas estes últimos anos Fraga mesmo chega a berrar “xa non aguanto máis, disparen contra mí”.
A impresión que sempre quedou do incidente de Fraga era que o político buscou a última hora un protagonismo que non tivera e tentou erixirse en valedor da democracia. Tamén se considera que puxo en risco a vida dos demais deputados
Os deputados e deputadas serían liberados tres horas despois, tras unha longa noite (levaban 18 horas secuestrados) e a impresión que sempre quedou do incidente de Fraga era que o político buscou a última hora un protagonismo que non tivera e tentou erixirse en valedor da democracia. Non era só que unicamente Adolfo Suárez, Santiago Carrillo e Manuel Gutiérrez Mellado quedaron para a historia como os únicos que se negaron a botarse ao chan ante as ameazas de Tejero, senón que dende as oito da tarde foron sacados do hemiciclo Suárez, Carrillo, Gutiérrez Mellado e os líderes de PSOE (Felipe González) e UCD (Agustín Rodríguez Sahagún), ademais de Alfonso Guerra, vicesecretario xeral do PSOE, sendo recluídos noutras dependencias do Congreso, provocando unha grande inquietude sobre o que lles podería suceder. Fraga ficou, polo tanto, como o único líder dunha formación política estatal que non fora sinalado polos secuestradores, alimentando de paso os rumores sobre a súa conivencia co Golpe.
Un dos documentos inclúe a transcrición dunha conversa nas horas posteriores ao fracaso do Golpe, na que un militar comenta a imaxe deixada polos deputados e deputadas no Congreso e, en particular, a de Manuel Fraga ás nove da mañá:
B- Y lo de los políticos ahora se van a tener que gastar el dinero en agencias de imagen, porque oye, la imagen que dan no puede ser más... Yo lo se que una metralleta, amigo, impone a cualquiera, ya lo sé, pero el espectáculo de ayer, es trágico, es ridículo, más que trágico, ridículo, se veían los escaños vacíos, Fraga con lo grande que es yo no se como estaría debajo del escaño, oye se conoce que le dio coraje que no se lo llevaran a él cuando se llevaron a Felipe, Carrillo y estos
A - Porque fue entonces cuando armó él el bollo, no?
B- Y entonces organiza el bollo y hay que ver Fraga que diga: "esto es un ataque a la democracia", lo que le importa a Fraga la democracia
A - Es inconcebible, vamos, "quiero salir porque esto es un ataque a la democracia", qué barbaridad, qué cosas se oyen!
B- Sobre todo en labios de él, que le importa la democracia
A- No le va eso
B- No le ha importao nunca
A - Qué barbaridad! efectivamente ha sido una cosa de risa y de tragedia, en fin.
A política galega nos papeis desclasificados
Nos documentos aparece unha crónica dun xornal italiano que dá conta da presión exercida por Fraga para acadar un acordo entre AP e UCD para concorrer xuntos ás eleccións xerais de 1982, unha presión redobrada tras o soprendente triunfo de Alianza Popular nas eleccións galegas
Nos documentos desclasificados este xoves hai outra mención a Fraga, neste caso sen relación durecta co 23F, que achega información sobre os movementos políticos que se nese momento se estaban a producir no campo conservador en España e, máis en concreto, en Galicia, ao abeiro das primeiras eleccións ao Parlamento galego, se que se celebraran en outubro.
Nunha revista de prensa que escolma unha serie de artigos publicados a finais do ano 1981 en xornais de varios países destácase un aparecido o 5 de novembro en Il Giornale de Milán destaca a presión exercida por Fraga para acadar un acordo entre AP e UCD para concorrer xuntos ás eleccións xerais previstas para 1982, unha presión redobrada (e con apoio da patronal) despois do soprendente triunfo de Alianza Popular nas eleccións galegas.
A crónica de Il Giornale destacaba a "exemplar campaña electoral" de Fraga (non se presentaba, pero a súa cara aparecía nos carteis canda a dos candidatos en cada provincia) e a súa "espectacular victoria" que o poñía "nunha situación de forza con respecto á crise de UCD"
Lembremos que neses comicios celebrados o 20 de outubro a AP liderada por Fernández Albor obtivo 26 deputados fronte aos 24 da UCD de Quiroga, que nos catro anos anteriores dominara de forma absoluta a política galega. O propio Quiroga chegara a dicir na campaña que era máis probable que cambiase de curso o Amazonas que unha derrota de UCD. A derrota da UCD chegou e Fraga reclamaba un acordo dos dous partidos para gobernar Galicia (contaban con 50 dos 71 escanos do Parlamento) e, posteriormente, para presentarse ás xerais, un pacto que era rexeitado por Adolfo Suárez.
A crónica de Il Giornale destacaba a "exemplar campaña electoral" de Fraga (non se presentaba, pero a súa cara aparecía nos carteis canda a dos candidatos en cada provincia) e a súa "espectacular victoria" que o poñía "nunha situación de forza con respecto á crise de UCD". O xornal italiano tamén salientaba que Fraga "a raíz do intento de golpe de Estado se convertera en decidido sostedor da democracia".