Os populares din abertamente que as comparecencias facilitarán "que se poidan sacar unhas conclusións claras e rotundas sobre o bo facer dos gobernos do Partido Popular na Xunta”.
O PP impuxo finalmente este venres o seu plan de traballo na comisión de investigación sobre os contratos de emerxencia da Xunta na pandemia e o sobrecusto do hospital de Vigo aberta a instancias do BNG. Coa súa maioría absoluta evita que teñan que comparecer nin o ex-presidente Alberto Núñez Feijóo, nin ningún dos seus familiares, nin a parella da presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, citados por BNG e PSdeG.
Pola contra, os populares aprobaron que comparezan o ex-ministro socialista de Sanidade Salvador Illa ou cargos do goberno de coalición que estivo na Xunta entre 2005 e 2009 como a daquela conselleira de Política Territorial, María José Caride, ou a de Sanidade, María José Rubio.
Desde a oposición, Ana Pontón coida que o veto a Feijóo "é unha confesión de culpabilidade e do seu medo á investigación", se ben considera que "nin con todo o autoritarismo, todos os vetos e toda a manipulación, van impedir que haxa luz sobre os seus 15 anos de chanchullos”.
Pola súa banda, o socialista José Ramón Gómez Besteiro resaltara, antes da votación que "quen poña obstáculos ou dificulte o traballo desta comisión queda claro que algo ten que ocultar".
Pola contra, os populares salientan abertamente que as comparecencias por eles decididas facilitarán "que se poidan sacar unhas conclusións claras e rotundas sobre o bo facer dos gobernos do Partido Popular na Xunta”.
Esta é a lista de 39 comparecentes finalmente aprobada:
- Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta
- Salvador Illa Roca, ex-ministro de Sanidade.
- Manuel Pillado Quintás, Secretario Xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.
- María José Rubio Vidal, conselleira de Sanidade (2005 - 2009)
- Pilar Farjas Abadía, conselleira de Sanidade (2009 - 2011)
- Mª Rocío Mosquera Álvarez, conselleira de Sanidade (2012 - 2015)
- Jesús Váquez Almuíña, conselleiro de Sanidade (2015 - 2020)
- Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade (2020 - 2023)
- Antonio Gómez Camaño, conselleiro de Sanidade (2024 - actualidade)
- Marta Fernández Currás, conselleira de Facenda (2009 - 2011)
- Helena Muñoz Fonteriz, conselleira de Facenda (2011 - 2015)
- Miguel Corgos López-Prado, conselleiro de Facenda (2021 -actualidade)
- Maria Xosé Caride Estevez, consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (2005 – 2009)
- Juan Carlos Aladro Fernández, conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
- Jose Antonio Redondo López, conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
- José Ramón Gómez Fernández, subdirector xeral de asistencia sanitaria (2005 - 2009).
- Jose Flores Arias, xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés (xerente do Sergas durante a pandemia).
- Pablo Torres Arrojo, Director Xeral de Recursos Económicos do SERGAS (2009 - 2014)
- Javier Puente Prieto, xerente da Área Sanitaria de Vigo
- Alberto Baz López, ex-subdirector xeral de compras do Sergas.
- Lara María Otero López, subdirectora xeral de compras do Servizo Galego de Saúde.
- Cayetano Rodríguez Escudero, ex-secretario xeral do Servizo Galego de Saúde
- Antolín Rodríguez Martínez, ex-secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.
- Félix Rubial Bernárdez, ex-xerente do Hospital Xeral e primeiro xerente do Hospital Álvaro Cunqueiro.
- Alberto Fernández Villar, xefe do servizo de Pneumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro.
- Benito Regueiro García, xefe do Servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo
- Alejandro Vila Alonso, Xefe persoal subalterno do Hospital Álvaro Cunqueiro.
- Andrés Íñiguez Romo, Xefe Servizo Cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro
- Elva Iglesias Lago, Supervisora General do Hospital Álvaro Cunqueiro
- Almudena Chacón Pichel, interventora xeral
- José Mª Barreiro Díaz. Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio.
- Francisco Menéndez Iglesias, presidente do Sociedade Pública de Investimentos de Galicia
- Santiago Pérez, director do proxecto Novo hospital de Vigo UTE Acciona-Puentes
- Enrique Nieto, xerente da sociedade concesionaria do Hospital de Vigo.
- Actual Xerente da UTE Novo Hospital da Vigo.
- Representante de Garrigues Abogados.
- Manuel Aguilar López, Sogaserso.
- Alberte Soto Soto, ex-secretario xeral da Consellería de Medio Rural (2005 - 2009)
- Rubén Cela Díaz, ex-director xeral de Xuventude.