Estas 68 vivendas contan cun alugueiro social comprendido entre 207 e 285 euros ao mes, cunha duración do contrato dun ano con prórroga obrigatoria ata un máximo de 7 anos
O Concello de Ames vén de acordar a cesión de 68 vivendas baleiras pertencentes a unha entidade bancaria para a súa posta a disposición das familias da localidade que o necesitasen. Esta acción enmárcase no convenio asinado por FEGAMP e IGVS para o desenvolvemento de vivendas baleiras.
O programa derivado do Pacto da vivenda de Galicia 2021-2025 de mobilización de vivendas baleiras permitiu que o Concello de Ames incorporase esas 68 vivendas para un alugueiro social comprendido entre 207 e 285 euros ao mes, cunha duración do contrato dun ano con prórroga obrigatoria ata un máximo de 7 anos.
Das 68 vivendas están dispoñibles 54, das que na actualidade foron adxudicadas 19 e 23 están na fase final do proceso. As restantes (12) están pendentes de solucionar concordancias no catastro para poder adxudicarse de igual maneira que o resto
A propiedade conta tamén con dúas pólizas de seguros financiadas polo IGVS que garanten impagos, defensa xurídica e responsabilidade civil. Por outra banda o propietario dos inmobles, a entidade bancaria, terá unha bonificación de ata o 50% do IBI nas propiedades cedidas ao programa de vivendas baleiras.
O requisito mínimo para poder ser beneficiario destas vivendas é o de contar con recursos económicos limitados, comprendidos entre o 0,7 e o 2,5 do IPREM e a adxudicación das propiedades realízase por prioridades dos colectivos vulnerables aos que pertenza cada unidade familiar: execucións hipotecarias, desaloxo por impago de renda, familias numerosas, familias monoparentais, familias con menores a cargo, diversidade funcional, vítimas de violencia de xénero...
Por outra banda as características do inmobles adxudicados tamén serán adaptadas ao tipo de unidade familiar, priorizando os baixos para persoas con mobilidade reducida e os pisos de maior número de habitacións a familias con maior número de integrantes.
A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explicou que “desta maneira damos resposta aos veciños e veciñas sen recursos que nos piden axuda para acceder a unha vivenda digna. Este tipo de políticas devólvenlle a dignidade ás persoas”
Das 68 vivendas están dispoñibles 54, das que na actualidade foron adxudicadas 19 e 23 están na fase final do proceso. As restantes (12) están pendentes de solucionar concordancias no catastro para poder adxudicarse de igual maneira que o resto.
A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explicou que “desta maneira damos resposta aos veciños e veciñas sen recursos que nos piden axuda para acceder a unha vivenda digna. Este tipo de políticas devólvenlle a dignidade ás persoas”.
Pola súa banda, o alcalde, Blas García, lembrou que “a vivenda é un punto clave do mandato 23-27. A parte deste convenio estamos traballando xunto co IGVS para creación de máis de 200 vivendas de protección pública no Milladoiro e incentivando a promoción privada no resto do concello”.
O Goberno municipal de Ames subliña que a vivenda está a ser "unha peza central das políticas que se pretenden levar a cabo neste mandato 23-27" e que este convenio "é só unha das vías que se están executando para paliar o déficit de vivenda, xunto coa posta a disposición de parcelas municipais ao IGVS para a construción de vivenda pública e as facilidades postas ao sector privado para desenvolver vivenda en Ames.