Un ano despois da masiva manifestación do 15 de decembro de 2024 que encheu Compostela con milleiros de persoas e levou simbolicamente o río Ulla ata a praza do Obradoiro, este domingo outra multitudinaria manifestación volveu protestar contra a fábrica que Altri proxecta en Palas de Rei. Fíxoo desta volta enchendo a mesma praza de paraugas-árbore para reclamar a cancelación total do proxecto de Altri sen conformarse co estancamento dos últimos meses.
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025
-
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025 -
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025 -
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025 -
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025 -
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025 -
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025 -
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025 -
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025 -
Manifestación contra Altri o domingo 14 de decembro de 2025
Unha nova manifestación enche o Obradoiro de paraugas-árbore pedindo a cancelación da fábrica de Palas sen conformarse co estancamento do proxecto nos últimos meses
A manifestación deste domingo foi convocada pola Plataforma Ulloa Viva, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e a Plantaforma veciñal contra a Mina de Touro-O Pino baixo o lema Desde o río ata o mar, polas que somos e polas que virán.
Desde a Plataforma Ulloa Viva criticaron que proxectos como Altri "rouban os nosos recursos a costa do que sexa". "Temos unha responsabilidade cos nosos avós e cos nosos fillos e fillas, imos defender esta terra", salientou a plataforma. Pola súa banda, a plataforma de Arousa amosouse "en contra deste modelo de industrialización que significa encher Galicia de celulosas e minas", mentres que a plataforma contra a mina de Touro salientou que "o río Ulla é unha arteria fundamental do corazón de Galicia" que hai que defender.
A manifestación contou co apoio de BNG, PSdeG ou Sumar
Coa marcha as plataformas queren "seguir deslexitimando socialmente o proxecto de Altri, e demandar que dunha vez por todas a Xunta dea carpetazo definitivo á macrocelulosa". Berros como "Rueda, atende, a terra non se vende" así o quixeron transmirtir.
A manifestación contou co apoio de BNG, PSdeG ou Sumar. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou que "Rueda debe empezar a defender o interese xeral de galegos e galegas". Por parte socialista, a representación estivo encabezada pola súa número 2, a secretaria secretaria de Organización do PSdeG e viceportavoz segunda do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez.
Se hai un ano pola praza do Obradoiro descorreu unha cinta azula simbolizando o río Ulla que pode verse afectado pola fábrica de Palas, este domingo a praza encheuse de paraugas transformados en árbores autóctonas, carballos, castiñeiros ou sobreiras que resisten fronte os eucaliptos que demandaría a nova industria. De feito, á espera do futuro da fábrica, Altri está a apostar xa por Galicia como "fonte de madeira" para outras das súas factorías.
Mentres a manifestación percorría as rúas de Santiago, Altri emitiu un comunicado insistindo en que o seu proxecto é sostible e lamentando a "percepción negativa"
Pola súa banda, mentres a manifestación percorría as rúas de Santiago, Greenfiber, a empresa a través da que Altri impulsa a fábrica de Palas, remitiu aos medios un comunicado no que insiste na súa sostibilidade e lamentando "que unha parte da sociedade siga tendo unha percepción negativa". A empresa insiste en que seguirá "explicando o proxecto a todos aqueles colectivos que desexen informarse e traballando para que Galicia sexa a alternativa de Europa ás fibras téxtiles sintéticas".