A batalla da política estatal trasladouse este domingo a Galicia con senllos actos protagonizados por Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo en Sigüeiro e Compostela, apenas 15 quilómetros de distancia. O cruce de discursos entre os dous líderes chega unha semana antes de que o ex-presidente da Xunta se someta a unha investidura destinada a fracasar e nun contexto de grosas críticas do PP ao diálogo do PSOE con Junts e Carles Puigdemont.
A batalla da política estatal trasladouse este domingo a Galicia con senllos actos protagonizados por Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo en Sigüeiro e Compostela, apenas 15 quilómetros de distancia
En Sigüeiro, no marco da XII Festa Socialista de Galicia e ante máis de 2.500 militantes do PSdeG, Pedro Sánchez contestou ás críticas lanzadas dende sectores conservadores en relación a hipotéticas cesións ao independentismo catalán. "Resulta que van facer un acto, días antes da investidura do señor Feijóo para manifestarse en contra da investidura do Partido Socialista, ao berro de que 'España se rompe'. A ver, señores do PP, España nin rompe nin afunde. España bocexa ante a descomunal perda de tempo da investidura do señor Feijóo e a súa mentira", dixo Sánchez, que cualificou de "dislate" esta proposta, convocada “por indicación de Aznar”
O presidente do Goberno en funcións afirmou que Núñez Feijóo "non se presenta á investidura para ser elixido xefe do Goberno senón para ser xefe da oposición". E augurou que "o PP pasará á oposición e o PSOE seguirá gobernando catro anos máis”
Neste senso, o presidente do Goberno en funcións afirmou que Núñez Feijóo "non se presenta á investidura para ser elixido xefe do Goberno senón para ser xefe da oposición". E augurou que "o PP pasará á oposición e o PSOE seguirá gobernando catro anos máis”. "Esa será unha magnífica noticia, porque significará que seguirá habendo un goberno progresista que continuará revalorizando as pensións, subindo o salario mínimo, dignificando as condicións dos traballadores e traballadoras, un goberno comprometido co feminismo, consciente da emerxencia climática, polo avance dos dereitos e liberdades", dixo Sánchez.
"Dixen que buscaría votos ata debaixo das pedras para revalorizar as pensións, dignificar o SMI, para ter máis bolsas, para a concordia entre os pobos de España e para garantir a igualdade real entre homes e mulleres. E iso é o que imos seguir facendo cando fracase o señor Feijóo", acrecentou o líder dos socialistas.
O líder do PSOE engadiu, ademais, que "o que rompe non é España, senón o PP. E ídelo ver cando fracasen na súa investidura"
O líder do PSOE engadiu, ademais, que "o que rompe non é España, senón o PP. E ídelo ver cando fracasen na súa investidura". E lembrou que "España case rompe en 2017 cando gobernaba o PP e se aprobou unha declaración unilateral de independencia no Parlament de Catalunya". En cambio, acrecentou, "hoxe, en Catalunya a primeira forza política é o PSC de Salvador Illa".
Sánchez criticou con dureza a Feijóo ("pensabamos que daba para máis", dixo) e censurou "os bandazos" do ex presidente da Xunta, "que despois de ser designado pasou de pactar con Vox a intentar o acordo co PNV e ata co propio PSOE para derrogar o sanchismo". Tamén amosou a súa "sorpresa" logo de confirmar que “despois de criticar que falemos con Junts descubrimos que eles mesmos estiveran falando con Junts ás agochadas”.
No acto, ademais, Pedro Sánchez reiterou o seu apoio ao PSdeG “para darnos o gusto de acabar co goberno do PP e abrir unha nova etapa de cambio en Galicia"
Finalmente, Pedro Sánchez respondeu tamén ás criticas populares de que os acordos co independentismo catalán son inconstitucionais. "Din que vai romper a Constitución cando eles levan 5 anos incumpríndoa sen renovar o CGPJ", dixo. "Esa é a gran diferenza entre o PP e o PSOE: a primeira, nós non damos carnés de constitucionalistas. E, segundo, nós si cumprimos coa Constitución do A ao Z todos os días do ano", engadiu.
Apoio ao PSdeG "para abrir unha nova etapa de cambio en Galicia”
No acto, ademais, Pedro Sánchez reiterou o seu apoio ao PSdeG “para darnos o gusto de acabar co goberno do PP e abrir unha nova etapa de cambio en Galicia”. No acto inteviron tamén Valentín Gónzalez Formoso, secretario xeral do PSdeG e a presidenta do partido, Carmela Silva, que ratificaron "o apoio pechado" do PSdeG ao candidato socialista para presidir o Goberno.
González Formoso fixo unha chamada a apostar por “dialogar e construír”, polo que recordou que “a xente votou que quere diálogo, non confrontación”. "A xente votou e votou claramente", dixo, "a pesar de que todos os poderosos, todo o capital, todos os medios buscaban que Pedro Sánchez e o socialismo non gobernasen". Pero a xente "ten voz propia, ten mente propia, non se vende a ninguén", destacou.
González Formoso alertou de que "VOX xa está na Xunta, a ultradereita xa está no Goberno de Galicia"
“Se fose polos mesmos que din que se rompe España, Zapatero non tería rematado co terrorismo coa súa valentía”, apuntou Formoso, para engadir que son as actuais xeracións de políticos os que teñen “a obriga de escribir as novas páxinas na historia, non podemos vivir do pasado”. Polo que sinalou que “todos e cada un dos de nós somos felipistas, zapateristas e pedristas, pero sobre todo somo socialistas, por iso fai o que teñas que facer en nome deste país, desta sociedade que ten toda a esperanza posta en ti”.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE alertou tamén da "deriva ideolóxica" do PP, tamén en Galicia, sinalando directamente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda: “Son capaces de deixarnos perlas como que é normal que se lles obrigue ás mulleres a escoitar o latexo dun feto antes de poder abortar ou que é normal que as mulleres teñan que ir abortar a clínicas privadas. Xustifícano no obxectivo de que 'Vox non estea no Goberno'. O problema é que VOX xa está na Xunta, a ultradereita xa está no Goberno de Galicia", sinalou.