O PP cesou as críticas sobre a ORA en Lugo tras reunirse cun presunto líder da Pokémon
Axentes de Vixilancia Aduaneira vixilaron unha xuntanza entre o delegado de Véndex en Galicia e José Manuel Barreiro na sede dos populares en Lugo.
Axentes de Vixilancia Aduaneira vixilaron unha xuntanza entre o delegado de Véndex en Galicia e José Manuel Barreiro na sede dos populares en Lugo.
A xuíza Pilar de Lara considera que as condutas da voceira do PPdeG na súa etapa como edil "poderían ser constitutivas de infracción penal". O PP suspende un acto electoral no que participaba sen comunicalo previamente e despois atribúeo a un "erro".
O estaleiro ferrolán comeza a cortar chapa do buque encargado por Pemex e empeza un labor que dará traballo a uns 400 operarios durante 29 meses. O Consello de Ministros dará mañá, antes da xornada de reflexión, un impulso á contratación dos BAM para a firma estatal.
O líder do PSdeG contrapón o machismo de Cañete coa política social do seu partido e Blanco anima a "censurar nas urnas" o candidato conservador.
Lidia Senra denuncia un "intento de apagar a campaña" por parte do "bipartidismo" para "manterse no poder" e defende que nas eleccións europeas "non é a hora de dividir, senón de sumar". A candidata de AGEe subliña a aposta por iniciativas como a renda básica universal e reitera que "Cañete non pode estar onde se elaboran políticas para erradicar a violencia machista".
O Bloque mobilízase despois de que a Xunta Electoral Central atendese a reclamación de UPyD e lle retirase os 27 segundos que tiñan en cada espazo electoral nos informativos da TVG e da Radio Galega. Miranda ve neste "peche informativo" unha "volta ao franquismo". Audio no interior.
A formación galeguista pide o voto para a “única candidatura galeguista que non ten dependencias de Madrid e que se parece á maioría dos galegos".
Os conservadores aseguran no seu programa para as europeas que van "traballar para liderar programas de reforzo en materias como lingua e matemáticas". A Xunta aplicoulles a estes plans o recorte medio do conxunto dos Orzamentos.
Uns 2,7 millóns de persoas están chamados ás urnas en Galicia este domingo, un 2,1% máis que hai cinco anos. Os galegos poderán elixir entre 39 formacións diferentes, catro máis que nos últimos comicios europeos.