"O dano que se lle pode ocasionar a Vimianzo sería practicamente irreparable"
Estes días Vimianzo mantense nun compás de espera ante a controvertida sentenza que lexitima a moción de censura presentada en marzo por seis concelleiros, varios deles tránsfugas. O alcalde, Manuel Antelo, amósase tranquilo por ter a lei da súa parte, pero pídelle a Feijoo que non consinta "a comisión dun delito" por parte de edís do PP.