Política
Pachi Vázquez resiste e gaña o congreso do PSdeG por 33 votos
O líder socialista imponse no Congreso Nacional por 245 votos fronte aos 212 de Elena Espinosa. Garante "integración" na Executiva e asegura que non haberá "sectarismo nin resentimento" na nova dirección dun PSdeG "sen tutelas". Galería de imaxes no interior
A Mocidade Nacionalista Galega decide abandonar Galiza Nova
O 92% da asemblea nacional do referente xuvenil de Máis Galiza opta por deixar a organización de mocidade do BNG. No caso de que +G opte pola permanencia na fronte, "revisarán" o seu "protocolo de relación coa corrente.
Vázquez e Espinosa piden o apoio do PSdeG para enfrontarse ao "fatalismo" de Feijóo
Os delegados socialistas votan para elixir secretaria ou secretario xeral tras unha sesión na que o candidato á reelección optou polo ton institucional e a ex ministra, por tentar explicitar contradicións nas propostas do seu rival.
Vázquez chama o PSdeG a non crer que "está mal": "esa é a estratexia da dereita"
O secretario xeral dos socialistas fai do seu informe de xestión ante o Congreso Nacional un adianto do discurso co que pedirá o voto para seguir á fronte dun partido que ve como o "corazón" da "irmandade da esquerda galeguista". Enfronte, os partidarios de Elena Espinosa amosan confianza na vitoria.
O Igape deulle a Dorribo, coa axuda de Cobián, un crédito de 3 millóns apoiado en facturas falsas
A xuíza San José reclamou en xuño de 2011 a detención do ex deputado do PP ao ter "múltiples indicios" da súa presunta implicación na comisión de delitos de "prevaricación, tráfico de influencias e suborno", ao influír en cargos do Igape para, supostamente a cambio de cartos, lograr axudas para Nupel
O grupo de +G que quere marchar do BNG , disposto á "unidade nacionalista" nas eleccións
O colectivo encabezado por Xoán Bascuas, que defenderá este domingo a proposta de resolución para que Máis Galiza deixe o Bloque, apoia a súa decisión en que a formación frontista "escolleu o esquerdismo e o soberanismo"
Fernando Blanco nega que Dorribo lle pagase e achega documentos para rebater as "inxurias"
Os avogados do ex conselleiro de Industria pedirán ante o xulgado que instrúe o caso 'Campeón' o arquivo da súa imputación e subliñan que as acusacións contra o nacionalista se basean só nas declaracións do presunto líder da trama, xa que non hai "ningunha proba" no sumario contra el
Novos horizontes para a causa galega
Pepe Arias
O problema vén de antes
Rafael Cuíña
Para non perderse: quen é quen no caso 'Campeón'?
A presunta trama corrupta de "tráfico de influencias" e "blanqueo de capitais" implica xa a case corenta persoas e ten supostamente no seu centro ao empresario lugués Jorge Dorribo, cuxas declaracións xa zarrapicaron a políticos de PP, PSOE e BNG
Feijóo advirte de que usar o seu nome "en van" no caso 'Campeón' equivale a un proceso xudicial
O presidente da Xunta reclama "explicacións" ás forzas políticas que, di, "non tomaron" as "decisións contundentes" que, afirma, si asumiu a Xunta mesmo "antes de coñecer o sumario" do caso 'Campeón'