Política
O BNG propón unha lei para aforrar 100 millóns sen recortar aos empregados públicos
Os nacionalistas defenderán no Parlamento un texto legal "alternativo" para substituír as rebaixas ao persoal da Xunta por, entre outras medidas, reducións de publicidade institucional, uso do software libre ou un novo treito do IRPF para quen gañe máis de 100.000 euros ao ano.
Pachi Vázquez evita a confrontación con Espinosa, que reivindica a súa "independencia"
O actual secretario xeral do PSdeG asegura que a súa "forza" reside en que "non decide ninguén máis ca os delegados" no Congreso Nacional e a ex ministra admite contactos "continuos" con Orozco e Besteiro
Remata o mes máis complexo do BNG
O Congreso de Máis Galiza pecha esta semana o ciclo aberto pola Asemblea Nacional do Bloque, que sitúa os seus "esforzos" en ofrecer unha "alternativa" ao Goberno de Feijóo. Liña de tempo no interior.
Vivo en Núñez Feijoo sen número
Fran P. Lorenzo
Os maiores agardan pola atención e os mozos, polo traballo
A Lei de Dependencia continúa adoecendo de falta de financiamento e a promesa dun centro de día para cada concello de máis de 1.500 habitantes ficou esquecida. A promesa de "oportunidades" para a xente moza non evitou a suba de sete puntos no paro xuvenil, que xa rolda o 30%.
Un grupo de militantes aviva a dicotomía de Máis Galiza ao apostar pola permanencia no BNG
Son uns vinte militantes que veñen de formular unha proposta de resolución urxente para o Congreso que Máis Galiza celebra o próximo domingo. Apostan pola continuidade dentro do BNG mais, iso si, reclaman que a formación nacionalista recoñeza a todos os niveis que existen "dous grandes proxectos" no seo da mesma. Esta proposta súmase ás xa formuladas no manifesto "Tamén connosco", que tamén aposta pola permanencia no Bloque, e a do "Proxecto Político Propio", que opta pola escisión
Elena Espinosa entra en xogo no PSdeG de man dos críticos con Pachi Vázquez
O sector máis urbano dos socialistas galegos entran na batalla pola secretaría xeral do PSdeG cunha Espinosa que asegura que ninguén lle mandou presentarse, en resposta ás declaracións do que será seu rival, Pachi Vázquez. "Pediumo moita xente", apuntou a exministra.
A dirección do BNG ve unha estratexia "planificada" de baixas "escalonadas" na formación
A secretaria de organización do Bloque, Montse Prado, asegura que existe a intención de facer ver unha situación "tremenda" na fronte e asegura que continuará a traballar para "preservar a unidade do nacionalismo"
"EU ten unha oportunidade histórica, falando con outros, para estar presente no Parlamento galego"
Gaspar Llamazares ofreceu este xoves unha conferencia na Coruña sobre O futuro da esquerda. Apoiou a convocatoria dunha folga xeral, advertiulle a Rajoy a inminencia dunha "primavera española" se continúan os recortes e apostou por unha transformación da esquerda "para que a sociedade cada vez teña máis participación".
Rajoy frústralle ao Sergas o novo sistema enerxético dos hospitais de Ferrol
A decisión do Goberno central de suprimir os incentivos económicos ás enerxías renovables forza a Xunta a paralizar o contrato de subministración enerxética dos centros hospitalarios ferroláns, iniciado en decembro pola vía de urxencia
Baltar despediuse da Deputación asfaltando a estrada situada ao carón da súa finca
O ex presidente da Deputación provincial de Ourense, José Luis Baltar, despediuse da institución na que estivo durante 29 anos cunha obra pública. Antes de abandonar “para sempre a política” mandou acondicionar un tramo dun quilómetro de estrada que conduce á súa finca. Na preparación da estrada participaron operarios da Deputación e da empresa Copasa.