Política
A Xunta define como "imprescindible" o centro de menores que privatiza en Ourense tras telo pechado seis anos
A responsable de políticas de infancia do Goberno galego defende no Parlamento a privatización do centro de Montealegre tras seis anos de peche e 2 millóns de euros públicos en reformas. En Marea, PSdeG e BNG esixen a permanencia do servizo no ámbito público
A Xunta conclúe nun informe de cinco páxinas que cumpre o 90% do que lle pide o Parlamento
O Goberno galego fixo público este mes a avaliación sobre o seu cumprimento dos acordos parlamentarios sen detalles sobre de que xeito cumpriu ou non cada un deles. O documento foi divulgado tras unha "reunión de traballo" ao respecto nun restaurante compostelán cun custo de 132 euros
O Ministerio de Sanidade ficha unha das responsables do Sergas imputada por homicidio no caso da hepatite
A ata agora subdirectora xeral de Farmacia marcha ao Goberno central para realizar un estudo sobre a área farmacéutica, pero fontes do Ministerio de Sanidade admiten que o seu destino definitivo será o posto de subdirectora xeral de Calidade do Medicamento
O grupo parlamentario de En Marea acorda non pedir a dimisión da deputada Paula Quinteiro
O acordo pechado polo grupo contempla que Quinteiro pida a "apertura dun expediente informativo" sobre o altercado coa policía para detallar "todos os elementos que concorren no caso" e resalta que o acordo no que o Consello solicitaba o cesamento non ten "consecuencias directas"
Da política á ética sen volta
Antón Dobao
Vigo impugna o centro comercial do Celta en Mos por planificarse sen analizar os seus efectos na cidade
O PP sae en defensa do proxecto impulsado polo municipio veciño e o dono do club para recualificar e expropiar 864.000 metros cadrados de monte
A folga na Xustiza continúa tras fracasar unha nova negociación
O paro indefinido segue camiño dos 50 días logo de que os representantes do Goberno levantasen da mesa ao non aceptar a rebaixa de dez euros mensuais que os sindicatos propuxeron na súa demanda de incremento retributivo, de 190 a 180 euros mensuais.
En marcha a transmisión de balde á neta de Franco do ducado que Juan Carlos I outorgou á súa nai
O BOE publica o anuncio que fai oficial a solicitude de transmisión do Ducado de Franco a Carmen Martínez-Bordiú. En virtude dun decreto ditado polo rei en 1975 e nunca derrogado, pode herdalo sen pagar nada
Aínda hai xuíces en Berlín
Xoán Antón Pérez-Lema
A detención de Puigdemont atranca a axenda exterior do independentismo e dispara a tensión nas rúas catalás
A opción de responder á detención investindo a Puigdemont non conta co apoio de ERC, partidaria de explorar as posibilidades dun goberno de concentración. O presidente do Parlament reitera que hai que impulsar unha fronte común para defender "os dereitos e liberdades individuais e colectivas"
Coa vista posta na Moncloa
Xesús Veiga