Política
Viñemos a ser exemplo, a mudalo todo...
Beatriz Gómez Gómez
A Xunta pagou o complemento das pensións non contributivas con fondos doutras partidas sociais e débeda
A partida do complemento estaba incluída nos Orzamentos de 2017, pero dous días antes de ser aprobado no Consello, o pasado decembro, Política Social tivo que tirar cartos dunha ducia áreas sociais para pagalo. Esta axuda foi creada polo bipartito e o PP anunciou a súa eliminación en 2009, pero despois recuou
A xustiza alemá atranca o plan para axuizar o independentismo catalán por rebelión
A decisión alemá fai difícil que a Fiscalía española poida soster a acusación de rebelión contra un grupo de persoas cando está incapacitada para facelo contra quen ostentaba o maior cargo de responsabilidade no Goberno catalán
O PPdeG oponse á nulidade das condenas do franquismo dous meses despois de admitir que foi un réxime fascista
O BNG reclamou, co apoio de En Marea e PSdeG, que a Xunta apoiase ante o Estado a anulación dos xuízos franquistas para que "o nome das vítimas quede limpo da ignominia". "Non lles serve o de pechar feridas, pretenden que non se pechen, senón botar sal nas feridas", retrucaron os populares
Feijóo pide mudar o Código Penal e considerar os incendios como terrorismo tras negar a Fiscalía que o sexan
“De tramas falaron outros gobernos, o goberno que eu presido nunca”, di Feijóo, sen indicar que outros executivos, entre os que se sitúa o Goberno central de Mariano Rajoy, que si empregou esa expresión
Hervé Falciani, o fuxitivo que traballa cos gobernos e ao que España vén de deter
PERFIL Falciani fuxiu en 2008 de Suíza cunha lista de evasores fiscais que sacou do banco no que traballaba, o HSBC. Dende 2012 vivía en España, que negou a súa extradición, e colaboraba coa Axencia Tributaria na loita contra a fraude
O Porto da Coruña, forzado a publicar as dietas do seu Consello de Administración: 100.000 euros en tres anos
Despois de dous anos de negativas e obrigado polo Consello de Transparencia e Bo Goberno, a Autoridade Portuaria comunicou finalmente a relación de cantidades pagadas dende o 2015 a cada integrante do seu ente decisorio, no que figuran Beatriz Mato e outros representantes da Xunta, que perciben case 750 euros por xuntanza.
Medio Rural centra nos "incendiarios" a problemática do lume, insiste no "terrorismo" e exculpa o eucalipto
A conselleira Ángeles Vázquez pon o ramo á comisión parlamentaria de incendios pedindo "non demonizar ningunha especie" e condenas máis duras para as persoas que prenden lume, en contra do criterio da Fiscalía
Só ENCE e o Goberno de Rajoy se negaron a acudir á comisión de incendios do Parlamento galego
Á negativa do delegado do Executivo central en Galicia e da UME uniuse á da celulosa. A oposición e o PP manifestan o seu "malestar" polo "desprezo ao Parlamento" e a conselleira do Medio Rural sente "lástima" porque "non se pode fallar á encomenda que fai a sociedade".
Os Orzamentos do Estado volven confirmar que o proxecto de AVE de Ourense a Lugo non existe
A referencia nos Orzamentos á liña de alta velocidade que Feijóo chegou a prometer construír "con cartos da Xunta" vólvese limitar a "estudos" que aparecen nas contas dende hai anos mentres os traballos de mellora da liña convencional avanzan aos poucos
A "actividade incendiaria homicida" en torno a Vigo que denunciou Feijóo non existiu alén de "rumores"
O informe da Fiscalía sobre os incendios de outubro debulla a situación vivida na área viguesa e conclúe que os múltiples focos tiveron orixe na propagación de restos incandescentes desde dúas únicas frontes. A investigación desmonta teorías e "boatos" que crearon "alarma social e pánico".