A oposición pide facer “política” para obter a AP-9 e Feijóo inhíbese nos letrados do Parlamento
O presidente celebra o aniversario da súa terceira vitoria electoral criticando o bipartito e a Zapatero
O presidente celebra o aniversario da súa terceira vitoria electoral criticando o bipartito e a Zapatero
A policía catalá empezou xa a identificar directores de colexios por orde xudicial para evitar o 1-O, terá que pechar os centros de votación e desaloxalos antes do sábado e ata o domingo á noite. Ve con "moita preocupación" as directrices porque poden crear "graves problemas de orde pública"
O xuízo iniciado este martes continuará en outubro pero nel só se decidirá a condena ou non do único dos 13 implicados que non acadou un pacto previo. Dos outros, Dorribo, que ve rebaixada a súa pena de 24 a 5 anos en parte xa cumpridos, é o que recibe a maior condena.
Os populares tomban a norma coa que o PSdeG tentaba aprobar un calendario para poñer en marcha medidas conxeladas dende 2011. Os socialistas acusan o Goberno de pretender dilatar o "control político" dos medios públicos e o PP retruca que "manipulación había no bipartito" e non agora
Coa protesta queren visibilizar os "privilexios" e a "impunidade" da que, aseguran, goza a familia Franco "en pleno 2017" en Galicia. É o segundo acto deste tipo tras a entrada no Pazo de Meirás hai unhas semanas.
A Consellería de Cultura resalta que "vén colaborando" coa homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en San Simón "na medida das posibilidades actuais deste departamento". "Autorizan e financian o catamarán, nada máis", retruca a Iniciativa Galega pola Memoria
Universitarios e grupos en defensa do referendo prepáranse para facer garda e protexer os colexios electorais. Centos despiden gardas civís e policías camiño de Catalunya a berros de "¡a por ellos!". Policías citáronse por whatsapp para cercar o acto de Unidos Podemos en Zaragoza.
Provedores e órganos de contratación deben certificar que os contratos coa Generalitat non financian "actividades ilegais ou contrarias ás decisións dos tribunais". O fiscal xeral do Estado di que "polo momento" non é "oportuno" pedir a detención do presidente Puigdemont
De la Serna reitera que o Goberno de España non vai ir alén de abordar as decisións relativas da AP-9 en encontros coa Xunta. En Marea, PSdeG e BNG ven no veto á lei do traspaso un resumo da xestión de Feijóo dende a súa terceira vitoria electoral
O portavoz popular, Pedro Puy, ironiza para evitar responder: “Se a axenda é oculta, non a teño nin eu, non estou ao tanto”