Política
A Coruña remunicipaliza as súas bibliotecas a pesar dos atrancos do Goberno central
Farao a través da Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (Emvsa), vencendo a prohibición de contratar ou subrogar traballadores dende os concellos. 3 das 8 bibliotecas municipais xa eran xestionadas de forma pública e agora uniranse as outras 5, con 64 empregados.
A dirección provincial do PSOE insta a "retirar" a moción de censura do seu edil en Coristanco
O único edil socialista pactara converterse en novo alcalde co apoio dos seis edís do PP en substitución do actual rexedor de Terra Galega. Leiceaga, Villoslada e Caballero rexeitan a operación que apoiara o líder provincial socialista, Julio Sacristán, corrixido pola executiva da Coruña
"Falta vontade política; cunha maioría no Congreso podemos recuperar o Pazo de Meirás"
ENTREVISTA | Benito Portela, alcalde de Sada, vén de facer un chamado para que o pleno extraordinario convocado este sábado sexa "un acto cidadá para rematar coa vergoña". "Os que non apoiaron recuperar o BIC igual se decatan agora do que é ter os Franco de donos", di nesta conversa
Ofensiva institucional e social para que os Franco devolvan o Pazo de Meirás
A Deputación da Coruña, o Concello de Sada, outros municipios e entidades pactan "iniciar o proceso para recuperar o BIC para o patrimonio público" e conforman unha Xunta pro Devolución. O alcalde sadense convoca un pleno extraordinario o sábado para reclamar a xestión das visitas
Corrupción e apatía
Laureano Araujo
Meirás: a punta do iceberg do macroespolio do que se lucran os Franco
O Pazo é a propiedade máis destacada das moitas coas que o ditador se fixo durante a ditadura na área da Coruña. A súa familia vendeu e sacou importantes beneficios de boa parte dun patrimonio que inclúe terreos, inmobles e numerosas obras de arte usurpadas á poboación
Ourense arde
Alberte Blanco Casal
Os okupas de Meirás
Xoán Antón Pérez-Lema
Castelao e os processos constituíntes
Carlos C. Varela
A Xunta financiou a apertura de Meirás aos Franco con 50.000 euros ata 2013
Feijóo atribúese a apertura ao público do Pazo, obrigada por un decreto do goberno de PSdeG e BNG. O proceso comezara en 2006 e culminou en 2008; os Franco boicoteárono con recursos xudiciais que foron resoltos definitivamente en 2010, co PP xa de volta na Xunta
A oposición ve a porta aberta a máis recortes na redución de áreas sanitarias que prepara a Xunta
En Marea, PSdeG e BNG critican o anteproxecto que reduce de once a sete as áreas sanitarias. Censuran que se presente en pleno agosto "pola porta de atrás" e cren que "prioriza o criterio económico" e que supón a "perda de xestión directa da atención primaria"