Política
Un país precario
Xulio Ríos
Feijóo erixe o goberno de Rajoy en modelo de "política á galega"
Rueda augura que o de 2018 será o último mitin de inicio do "curso político" lonxe de Soutomaior porque o PPdeG vai "recuperar" a Deputación de Pontevedra. O presidente da Xunta presenta o seu Goberno como referente "fronte o non ao turismo"
Os edís do PP en Coristanco fan alcalde o concelleiro expulsado do PSdeG por tránsfuga
O ex-concelleiro socialista esgrime que a súa expulsión do grupo do PSdeG non foi regular e un voto do PP na mesa de idade permitiu celebrar o pleno. Terra Galega e os socialistas anuncian que recorrerán a elección
Grupos ecoloxistas advertiron ante a Xunta en 2014 do exceso de visitantes nas Illas Cíes
A representación ecoloxista no Padroado do Parque Natural advertiu do quebrantamento do cupo de visitantes ante representantes do Goberno galego. Estes colectivos lamentan a "obsesión" de Medio Ambiente "por ter cada vez máis visitantes" sen avaliar o seu impacto
Os montes de Ourense son os que máis arden no mapa imposible dos incendios do verán
MAPA INTERACTIVO | Os incendios revelados no que vai de ano suman unhas 7.000 hectáreas, pero o balance é necesariamente incompleto. Medio Rural admitiu que esta semana se produciron case 100 incendios en días dos que informou sobre apenas unha quincena deles
O PSdeG expulsa o seu edil en Coristanco e desactiva a moción de censura
O concelleiro, agora no grupo dos non adscritos, asegura que seguirá adiante coa operación, que xa non conta cos votos suficientes para ter éxito. O PP culpa do rexeitamento da manobra "á radicalización que viven os socialistas".
A guerra contra Cataluña
Celia Fernández
A Valedora arquiva os expedientes pola atención a persoas sen fogar no Concello de Santiago
O goberno compostelán subliña que a Valedora "argumenta que coñeceu por sentenza xudicial" que os servizos sociais municipais "interviñeron na infromación da situación e nas medidas de apoio". Milagros Otero chegara a revelar datos persoais destas persoas no Parlamento
A Xunta dixo "querer máis" turistas nas Illas Atlánticas ante incrementos por riba do 100%
A conselleira de Medio Ambiente gabouse a pasada primavera de que en 2016 o Parque "sobrepasou a barreira dos 400.000 visitantes" e apostou por superar ese "récord" mentres este espazo natural segue a agardar polo seu Plan Reitor, que o propio Goberno admitiu como "fundamental"
Sospeitas sobre a venda de billetes irregulares acrecentan o conflito pola masificación das Cíes
"Chegaron a reimprimir billetes que xa foran vendidos na web e a duplicar números de DNI", din fontes consultadas por Praza.gal. A Consellería de Medio Ambiente asume agora a posibilidade de que as navieiras falsificasen pasaxes e di non desbotar acudir á Fiscalía
Os Franco gábanse da propiedade de Meirás na prensa do corazón: "é noso e vaino seguir sendo"
A filla do ditador desdeña as reclamacións do Concello de Sada e das forzas políticas da esquerda e négalles "lexitimidade" para cuestionar a súa "propiedade". Carmen Franco resta importancia tamén á declaración da familia como "non grata": "fixérono tamén con Rajoy, son así"