A comisaria europea de Transporte pide a España que reabra a investigación oficial de Angrois
Violeta Bulc dille ás vítimas que a UE non pode analizar o accidente pero que vén de escribir “invitando” aos investigadores de Fomento a volver a facelo “con total independencia”. A UE analizará a aplicación en España da normativa europea sobre seguridade.