Os sectores de En Marea miden forzas nun plenario clave para a unidade da formación
A actual coordinadora defende na cita asemblearia deste sábado a necesidade de reforzar a organización "como primeira forza da oposición" e os textos críticos rexeitan "reducilo a un partido clásico". A portavocía única ou colexiada, o réxime económico e as relacións coas mareas municipais, entre as principais fontes de discrepancia