Feijóo presenta o PP como o partido da mocidade “inconformista”
Logo de meses criticando á oposición por ser un “caos” político fronte á “unidade” do PP, di agora que “a xente que pensa por si mesma é a que cambia o mundo”.
Logo de meses criticando á oposición por ser un “caos” político fronte á “unidade” do PP, di agora que “a xente que pensa por si mesma é a que cambia o mundo”.
Diéter Moure declárase tranquilo ante a posibilidade dun cambio de goberno tras recibir o candidato do PSdeG. Leiceaga lamenta que Feijóo estea nunha "pedrea continuada" dende a Xunta e aplaude que os mariñeiros de Noruega rexeiten os fondos anunciados polo presidente.
A formación que encabeza Luís Villares ve no aval á candidatura de David Rodríguez un "triunfo da democracia" fronte á "bancarrota moral da coalición Feijóo-Baltar"
Nunha estratexia pouco habitual en eleccións galegas, os populares centraranse en subliñar que Galicia non é politicamente como España. O partido volve relegar un segundo plano o seu logotipo para centrarse na figura de Feijóo.
O sector lácteo, os mariñeiros, os brigadistas forestais ou algunhas entidades do terceiro sector foron nos últimos anos unha dor de cabeza para o PP polas súa capacidade de mobilización social. Agora están a recibir apoio económico porque, segundo Feijóo, "neste momento hai posibilidade" de facelo.
A Audiencia da Coruña rexeitou a súa intención de xulgar só ao maquinista e ordenoulle hai máis de tres meses reabrir a instrución. Faino agora e dá á súa vez tres meses a tres expertos, dous deles funcionarios de dubidoso rigor, para que lle entreguen “un só informe consensuado”.
En Marea compromete co persoal da área sanitaria de Vigo un plan para recuperar os postos de traballo destruídos no Sergas
A candidata do Bloque asina con alcaldes, alcaldesas e edís unha vintena de "compromisos para levar adiante entre o Goberno galego e os gobernos locais". "Non basta con saber o que se quere facer, hai que saber facelo", advirte Fernández Lores.
O presidente considera que Pablo Iglesias o “insulta” ao recordar esa relación, como vén facendo de xeito recorrente toda a oposición galega, porque pensa de xeito distinto a el e asegura que tamén vai insultar a “miles de galegos”.
A lei aprobada en 2007 para despregar a policía galega foi obviada practicamente dende a súa entrada en vigor e esquecida de vez tras o fracaso, en 2010, do traspaso de competencias de tráfico. Algunhas forzas políticas retoman a súa reivindicación na precampaña do 25S.