O PP promete os mesmos traspasos de competencias que en 2009 tras non lograr ningún
Os conservadores inclúen no seu programa electoral practicamente as mesmas transferencias que cando Feijóo concorreu por primeira vez á Presidencia e despois dunha lexislatura na que deron por "esgotado" o alargamento do autogoberno por esta vía.