O PP defende que só "axudou" as anciás con demencia ás que levou a votar
A dirección do PP lucense abéirase en que "ningunha" das persoas 'carrexadas' estaba "incapacitada legalmente". EU, que actúa como acusación popular, esixe que Feijóo promova cesamentos e volverá pedir a comparecencia da monxa que dirixe a residencia.