Política
Un ex alcalde inhabilitado por prevaricación acode a un encontro oficial coa Xunta
Rodríguez Ambrosio acompaña a alcaldesa de Rairiz de Veiga nunha reunión co conselleiro Rey Varela. O PSdeG pide "explicacións" e a dimisión da rexedora, que vén de cesar os dous tenentes de alcalde, tamén do PP, expulsados agora do partido.
O xulgado máis mediático e "conflitivo" de Santiago volve ter xuíz de reforzo
Uns meses despois de chegar ao posto, o actual maxistrado do caso Alvia, Andrés Lago, considerou que non seguía precisando axuda, pero o pasado novembro volveuse reforzar un xulgado considerado “conflitivo” e que ademais de asumir todos os casos de violencia de xénero leva outros de especial relevancia como a hepatite, as monxas retidas, o dragado da ría de Ferrol, o caso Retablo ou as contratacións de helicópteros
A Xunta, condenada por denegarlle unha axuda a unha inmigrante tras esixirlle requisitos ilegais
Un xuíz de Ourense sentenza que Política Social "vulnerou" a lei de Inclusión Social ao esixirlle unha muller presentar o permiso de residencia malia "non ser esixible" para acceder ao subsidio que solicitara. A Administración terá que pagar a axuda e mais unha compensación por danos morais.
Leiceaga: "Imos construír unha gran alternativa ao PP que atraia o voto que marchara do PSdeG"
ENTREVISTA Xoaquín Fernández Leiceaga afronta o reto de plasmar na súa candidatura á Presidencia a "renovación" que defendeu nas primarias socialistas e facelo se "contemplar" a hipótese de ser superado polas mareas coas que, non obstante, non se pecha a falar.
O BNG presenta un programa "de emerxencia social e nacional" para as xerais
O programa do Bloque propón transferencias pendentes como a da AP-9 e "un plan específico contra a pobreza e a exclusión social". "Diferéncianos das forzas estatais que nós non damos cheques en branco", din.
Feijóo pide ao seu Goberno que respecte a lei tras publicar nomes de menores aos que paga tratamentos
En 2007 o bipartito fixo algo similar e Alfonso Rueda cualificouno de "aberración xurídica que atenta contra principios constitucionais básicos".
Feijóo cuestiona que a xuíza que investiga a Baltar actúe pola súa conta
O titular da Xunta salienta que a maxistrada vén de imputar ao ex presidente da Deputación de Ourense e pai do actual sen que o pedisen as partes e coa fiscalía en contra
Renfe emprega autobuses entre Ourense e Zamora ante a falta de maquinistas
O reducido cadro de persoal da empresa pública impídelle facer fronte ao incremento de servizos de longa distancia. O sindicato Semaf ten unha folga convocada para os días 10, 12, 14 e 16 de xuño.
A dirección do PPdeG pídelle a Baltar para as xerais "un pouco máis do traballo que tan ben fai"
Miguel Tellado xúntase coa cúpula dos populares ourensáns ao día seguinte da imputación de José Luis Baltar na investigación ao seu fillo e aréngaos para "recuperar" os votos perdidos cara a Ciudadanos.
Luces e sombras nas primarias do PSdeG
Xesús Veiga
En Marea pide que o Congreso se reúna para debater a decisión do Goberno sobre Reganosa
Denuncia que o Executivo en funcións invadiu as competencias do poder xudicial e lexislativo para eximir a planta de gas dos trámites que esixe o Tribunal Supremo. Falamos coa avogada Patricia Gabeiras