O PSdeG pasa páxina no Parlamento con Patricia Vilán á fronte ata as eleccións
O número dous de Pedro Sánchez avala en Santiago a estratexia de "diálogo" do novo candidato á Xunta e advirte de que "a maioría votou a Leiceaga, iso é o que vale".
O número dous de Pedro Sánchez avala en Santiago a estratexia de "diálogo" do novo candidato á Xunta e advirte de que "a maioría votou a Leiceaga, iso é o que vale".
Paloma Domínguez asume a dirección xeral de Recursos Humanos da Deputación ourensá, ficando xerarquicamente por riba do xefe de persoal e alcalde de Monterrei, crucial na condena a Baltar pai e agora investigado na causa contra Baltar fillo.
Apenas un 8% da poboación de Galicia di estar activamente implicada en actividades políticas. O desinterese galego neste eido supera en tres puntos e medio a media estatal.
Aproba, co único apoio do PSOE, unha normativa rexeitada pola oposición, colectivos sociais e sindicatos, que a consideran "lei mordaza" ou "atentado á democracia". PP e Marea meditan ir aos tribunais por un texto que prohíbe amosar carteis e protestar ou limita o acceso a expedientes
Política Social borrounos e mudou o procedemento tras ser alertada por este medio
Os conservadores apoian unha iniciativa en defensa da factoría de Alcoa en San Cibrao que inclúe a reclamación dunha tarifa galega. O pasado outubro consideraron no Parlamento que unirse a esa petición supuña avogar por unha "Galicia illada".
O antigo barón do PP ourensán terá que comparecer ante a xuíza o vindeiro 8 de xuño como investigado por suborno e tráfico de influencias, os mesmos presuntos delitos que a maxistrada lle imputa ao fillo. A xuíza solicita que a Fiscalía se pronuncie para poder prolongar a instrución.
O derrotado nas primarias socialistas coida que a súa marcha é "a mellor solución" para non incorrer en "contradicións". Concepción Burgo ou Sánchez Bugallo, entre os nomes barallados para a remuda.
O presidente da Xunta conclúe a súa viaxe a Cuba con anuncios de posibles acordos comerciais e "agradecementos" ao presidente Raúl Castro. En 2007 o actual titular do Goberno galego reprochoulle a Touriño que non reclamase "democracia" durante unha visita á illa.
O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, destaca que se consegui facer do proceso socialista de primarias "un exemplo para a política en Galicia". Pide "renovar a oferta" da formación para "conectar" coa sociedade.