Política
Leiceaga gaña as primarias e será o candidato do PSdeG
O economista, cun 55,67% dos votos, impúxose en Pontevedra, Ferrol e Vilagarcía e na maior parte das comarcas rurais. Mentres, Méndez Romeu (44,33%) obtivo máis apoios en Vigo, A Coruña e Ourense. A participación chegou ao 65%, cun total de 6.500 sufraxios
Nace Espazo-Equo buscando ser "o referente galego do ecoloxismo político"
A federación dos dous partidos, que se define como "cooperativa política" celebrou este sábado a súa asemblea constituínte. Aposta por Mareas en Común como vertebrador dun proceso "nitidamente cidadán" da Marea.
Galicia, Galicia, Galicia...
Pedro Cortegoso Gago
O apoio ou non nas mareas polariza até o final as primarias do PSdeG
No seu último debate de campaña, os aspirantes rebaixan a tensión pero deixan clara a súa diverxencia ante un posible acordo co espazo de En Marea tras as autonómicas. Romeu renega dun goberno de coalición e Leiceaga di "non ser reticente" a conformalo, aínda que ambos negan o 'sorpasso'.
Que chévere la madre patria!
José Luis Sucasas
"Ciudadanos entrou nunha deriva: busca candidatos mediáticos ou ponos a dedo"
ENTREVISTA Antonio Rodríguez, único deputado por Galicia de Ciudadanos na pasada lexislatura, abandona o partido decepcionado tras ser substituído no número un da lista pola Coruña. "Son os que dirixen agora a formación os que non cumpren coas expectativas", di.
O PP de Pontevedra promove unha reforma que rebaixaría a ENCE a metade dun imposto municipal
Os populares pontevedreses promoven unha rebaixa do 50% do imposto de actividades económicas para empresas que producen enerxía do xeito en que o fai a pasteira. En 2012 o propio PP de Pontevedra reclamou que o Concello lle subise a ENCE ese mesmo imposto.
"Que unha militante da UPG sexa portavoz nacional do BNG é un síntoma de normalidade"
ENTREVISTA Néstor Rego vén de ser reelixido secretario xeral da Unión do Povo Galego nun congreso orientado a "actualizar análises e propostas" e avaliar o futuro dun BNG que, subliña, debe "mudar elementos" para ser "máis áxil" e "pedagóxico no xeito de conectar coa sociedade".
O único deputado galego por Ciudadanos abandona o partido
Oito membros das xuntas directivas na provincia da Coruña deixan os seus cargos: tres en Ames e cinco na Coruña. O que fora único representante do partido por Galicia no Congreso renuncia tamén á militancia: "Non pode seguir onde non estou cómodo e onde non se é coherente".
Feijóo atribúe a "maioría" das ausencias nas reválidas ás "mentiras" do BNG
O presidente da Xunta proclama que "o 90% dos centros" secundaron as probas e acusa o Bloque de "facer política cos nenos". Pontón coida que as ausencias nos exames amosa que "unha maioría social" rexeita a LOMCE.
Humillar e aniquilar o inimigo
Brais González Pérez