Política
Puigdemont abre unha lexislatura "excepcional" e de "preindependencia" en Catalunya
O que será novo president comprométese no seu discurso inicial no pleno de investidura a aplicar a declaración independentista do pasado 9N e camiñar cara á "desconexión" co Estado seguindo o labor de Artur Mas.
En Marea prevé integrarse nun grupo de "nacións sen Estado" no Senado
Os senadores da coalición galega, xunto cos de En Comú Podem e Compromís-Podem, integraranse nun grupo ao que Podemos prevé ceder algúns dos seus representantes vascos para reflectir tamén na Cámara Alta a plurinacionalidade do Estado.
Acordo a última hora en Catalunya: Mas renuncia e non haberá eleccións
O novo president será Carles Puigdemont, alcalde de Girona, logo dun pacto que, segundo Artur Mas, implica que dous deputados da CUP se incorporan "á dinámica parlamentaria de Junts pel Sí"
Vence aposta por un BNG "clave" para derrotar o PP e pide "repensar discurso e alianzas"
O voceiro nacional pide "poñer ao día" o Bloque, cuxo proxecto "xógase" nas autonómicas, e cre que a formación debe "tomar decisión valentes e audaces, sabendo que é preciso sumar para derrotar a dereita e o centralismo que representa o Partido Popular”
O PSOE xa abre a porta a que En Marea conte con grupo propio no Congreso
Malia o rexeitamento dalgún sector socialista, Simancas advirte que se negocia un "acordo global" con todas as formacións para que o Congreso e o Senado "reflictan a pluralidade da sociedade española". Un informe de Aymerich avala a petición do grupo galego.
Besteiro anuncia a convocatoria de primarias e volve marcar distancia con En Marea
O líder do PSdeG anuncia un comité extraordinario no que se convocarán as primarias para elixir candidato á Xunta nun frío comité nacional no que di aspirar a obter "a confianza dos progesistas cuxa prioridade non é a autodeterminación"
Por compromiso
Iván Marrube
En Marea toma posesión reivindicando o seu grupo: "Non cabe outra opción"
Os seis parlamentarios recollen as súas actas no Congreso lembrando que a formación galega "fixo os deberes" e non contemplan outra opción que non sexa formar grupo parlamentario. A coalición sitúa a política social e o dereito a decidir como condicións para un posible acordo co PSOE.
O Parlamento ultima a marcha de Pilar Rojo a escasos meses da disolución
A presidenta da Cámara disponse a formalizar a súa renuncia para incorporase ao Congreso co baltarista Miguel Santalices como unha das opcións máis viables para substituíla.
Pedro Sánchez óllase no espello portugués
O líder socialista reúnese co primeiro ministro de Portugal e eloxia como un "acerto" a súa alianza con outras forzas de esquerda. Se Rajoy "fracasa" na formación de goberno, di, explorará unha "gran coalición progresista".
A Xunta aumenta 423 empregos en sanidade e educación tras recortar máis de 3.000
O Goberno galego reduciu en media década uns 1.500 docentes e máis de 1.600 profesionais do Servizo Galego de Saúde. A sanidade pública recuperou nos últimos meses arredor dun 13% do persoal recortado.