Política
A CUP dille 'non' a Artur Mas
Os dez deputados e deputadas da formación anticapitalista absteríanse nunha votación de investidura. Insta a Junts pel si a presentar outro candidato. Doutro xeito, Catalunya celebrará novas eleccións en marzo.
Yolanda Díaz: "A cidadanía galega quixo que tivésemos grupo propio. Sería un erro que o PSOE o impedise"
A líder de Esquerda Unida e deputada electa de En Marea no Congreso destaca que "non ten sentido investir a Pedro Sánchez se as políticas non van cambiar"
CTRL+ ALT+ SUPR
Pedro Cortegoso Gago
A evolución do sentimento nacionalista en Galicia, en seis gráficos
O CIS pregunta periodicamente polo sentimento de identificación dos e das cidadás, sobre a súa autodefinición como nacionalistas ou sobre a preferencia de organización territorial. Unha ollada aos datos dos últimos 20 anos permite coñecer un pouco mellor como pensan os galegos e galegas.
Feijóo despide 2015 en clave electoral e pide manter a "estabilidade" da que presume
O presidente da Xunta promete "máis medidas" de apoio social ou á familia para 2016 e presume de xestión nunha mensaxe de fin de ano na que reclama "establecer pontes" que "permitan aos españois seguir convivindo e avanzando". Vídeo no interior.
Louzán revoga un acordo coa Coruña e crea un conflito entre Concello e Federación
A administración local advirte á FGF que reclamará unha indemnización nos tribunais logo de que a entidade botase atrás un convenio para construír a súa nova sede central en San Pedro de Visma
Pilar Rojo despídese de Galicia cargando contra a separación entre relixión e política
A presidenta do Parlamento exerce como delegada do rei na cerimonia da 'translatio' na Catedral de Santiago que, previsiblemente, foi o seu derradeiro acto antes de deixar o cargo, e pide axuda divina contra o terrorismo e na crise dos refuxiados. Noriega chancea coa posibilidade de que a reprimenda se dirixise a Feijóo, que tampouco asistiu.
A oposición desbota o plan para dinamizar o galego na economía, que considera "inservible"
PSdeG, AGE e BNG censuran o Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico presentado en Comisión por Valentín García ao considerar que é "tremendamente deficiente" e que "non serve para defender nin mellorar a situación do galego"
Open source democracy
José Ramom Pichel
Carta do meu tío aos Reis Magos. Que facemos?
Xosé Antón Jardón
As mareas ollan ás autonómicas pedindo "agrandar" a confluencia e maior participación cidadá
O Encontro Cidadán cre "urxente" dotar a En Marea de "procesos participativos" abertos e maior transparencia, mentres as plataformas municipalistas coinciden en que "o camiño" é "agrandar" e "potenciar" o espazo e facelo "máis inclusivo".