Política
Un manifesto de moz@s pide tamén a unidade da esquerda galega de cara ás xerais
O texto asinado por 150 persoas -algunha sen militancia e outras de diferentes partidos ou organizacións- pídelles ás "forzas galegas de esquerda" que "dean un paso adiante". CxG pon a Marea Atlántica como "exemplo para construír unha Marea Galega"
A familia Franco volve impedir visitar o pazo de Meirás en agosto
Os familiares do ditador volven incumprir a normativa que os obriga á apertura do inmoble cando menos catro días ao mes. O alcalde de Sada culpa a Xunta, á que acusa de facer "oídos xordos" ante as súas deuncias e de "eludir a súa responsabilidade".
"Podemos cabe na candidatura galega, pero querer impoñer a súa marca é colonialismo"
ENTREVISTA Suso de Toro, un dos promotores da marcha do 25X, cre un "éxito" a manifestación que ve como primeiro paso dunha lista unitaria. Aposta pola confluencia da esquerda, pero aclara que "Madrid non pode seguir decidindo por Galiza aínda que o fagan rapaces máis novos e 'ye-yés"
O BNG insta a iniciar "xa" o diálogo para acadar unha candidatura unitaria ás xerais
Xavier Vence chama a "conformar" unha lista galega unitaria "recollendo o mandato expresado pola cidadanía o 25X" logo dunha marcha que "foi un clamor chamando á unidade das forzas nacionalistas e das forzas galegas para poder defender mellor este país”
O limbo e a política (segundo Machiavelli, claro)
Manuel A. Fortes Torres
As Marchas da Dignidade volverán ao Obradoiro en outubro
O 22M galego sairá á rúa no vindeiro outono para volver reclamar "pan, traballo e teito" e intentará encher a praza compostelá como xa fixera o pasado 29N. "A situación da clase traballadora e os sectores populares, lonxe de mellorar, segue cautiva do sofrimento e da desesperanza", din.
Hai tempo e estamos en tempo (Unha reflexión após o 25 de Xullo)
Suso de Toro
A España máis reaccionaria
Antón Losada
A necesaria renovación do PSOE
Pablo Vaamonde
Rafa Cuiña: "Non saio da casa sen poñer os AC/DC a tope para motivarme"
A ENTREVISTA ALTERNATIVA Buscamos as fobias e filias (non só políticas) das e dos alcaldes galegos. Quince preguntas rápidas desvelarán as súas preferencias.
O PP de Lalín usou recursos públicos do Concello para fins electoralistas
O novo goberno local achega documentos atopados que demostrarían que o ex alcalde José Crespo empregou o seu gabinete para deseñar campañas ou elaborar argumentarios, discursos e guións políticos. O rexedor Cuiña esixirá responsabilidades ante un feito "escandaloso e antidemocrático"