
O Consello da Cultura despide o bicenterario de Concepción Arenal revisando a vixencia do seu legado
O CCG organiza un ciclo de conferencias que comezou o venres pasado en Ferrol e que terá sesións na Coruña, Vigo e Compostela co obxectivo de "honrar unha figura destacada da nosa historia cuxa fonda pegada aínda permanece".