Agustín Fernández Paz xa dá nome á biblioteca municipal de Vilalba
Mariña Fernández, filla do escritor, foi a encargada de descubrir a placa nun acto celebrado polo Concello en colaboración co Instituto de Estudos Chairegos, que inaugurou tamén a iniciativa Miradas sobre Agustín 2026-2027. Xavier Senín leu un manifesto a prol do recoñecemento da traxectoria de Agustín Fernández Paz coas Letras Galegas de 2028.