![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/xornal/uploads/fotos/foto/5bc5ccf117e5d-44037239_1081856018639638_5862040733044703232_n.jpg)
O segundo tempo do 'Bestiario do Vestiario' preséntase como libro ao son de Grampoder
O volume recolle as 50 historias relacionadas co deporte que Martiño Suárez foi publicando en Praza.gal. A obra, editada polo selo Dinastía Meiji, sae á rúa grazas ás 150 persoas que apoiaron a súa campaña de crowdfunding. A tenda compostelá A Reixa / Matrioska acolle este venres o acto, que inclúe un miniconcerto