O caso Baltar acompañará a Feijóo ata as eleccións galegas
A xuíza fixa a declaración de José Luis Baltar como investigado na causa contra o seu fillo para o vindeiro 29 de setembro, ás portas da campaña dos comicios ao Parlamento.
A xuíza fixa a declaración de José Luis Baltar como investigado na causa contra o seu fillo para o vindeiro 29 de setembro, ás portas da campaña dos comicios ao Parlamento.
Tellado insta a agardar a que "a Xustiza actúe e fale" antes de decidir se a cúpula do partido lle pediría a Baltar que abandone algún dos seus cargos. Baltar pai consegue adiar a súa declaración ante a xuíza.
O titular da Xunta salienta que a maxistrada vén de imputar ao ex presidente da Deputación de Ourense e pai do actual sen que o pedisen as partes e coa fiscalía en contra
Paloma Domínguez asume a dirección xeral de Recursos Humanos da Deputación ourensá, ficando xerarquicamente por riba do xefe de persoal e alcalde de Monterrei, crucial na condena a Baltar pai e agora investigado na causa contra Baltar fillo.
O antigo barón do PP ourensán terá que comparecer ante a xuíza o vindeiro 8 de xuño como investigado por suborno e tráfico de influencias, os mesmos presuntos delitos que a maxistrada lle imputa ao fillo. A xuíza solicita que a Fiscalía se pronuncie para poder prolongar a instrución.
A xuíza que instrúe o caso do presunto ofrecemento de emprego a cambio de sexo cita como investigado ao responsable de persoal e tamén alcalde de Monterrei polo PP tras revisar as mensaxes telefónicas da denunciante, tamén investigada.
Os populares defenderán no vindeiro pleno unha moción para pedir a dimisión do socialista Ignacio Gómez polas súas críticas á misión comercial 'USA-Ourense', un dos proxectos estrela do presidente da Deputación. "Non me van amedrentar", afirma o deputado.
O avogado do barón ourensán reclama sen éxito a nulidade e a exclusión de Democracia Ourensana como acusación popular. A maxistrada investiga o político por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias, sen desbotar o acoso sexual.
Os populares frean unha solicitude de comparecencia do presidente da Xunta sobre o seu aval ao barón ourensán e cren unha "parvada" as críticas da oposición, que censuran o apoio malia á investigación polo presunto ofrecemento de emprego por sexo.
A líder do BNG lembra que Feijóo "ten reclamado a dimisión de persoas por comentarios sexistas" pero apoia a Baltar "como representante máximo do seu partido en Ourense"
O presidente provincial da formación foi reelixido este sábado co 95,66% dos votos. Está investigado por subrono e tráfico de influencias, acusado de ofrecer un emprego a cambio de favores sexuais
A maxistrada rexeita os recursos do barón ourensán e da Fiscalía e mantén as citacións para o vindeiro 10 de marzo. Cinco días antes da declaración o dirixente será reelixido presidente do PP ourensán, en cuxo congreso é o único candidato.