![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/xornal/uploads/fotos/foto/54db2f79282cc-rajoy_en_ou_1.jpg)
O PP mantén o aval a Baltar para recuncar como líder provincial
A dirección dos conservadores galegos aférrase ao anunciado recurso da fiscalía para evitar promover a marcha do barón ourensán. Se nunha semana non se presenta ningunha candidatura alternativa, o actual presidente será o único candidato no congreso.