O Goberno espera que as fisuras do PDeCAT impidan a declaración unilateral de independencia
O Executivo de Mariano Rajoy despraza ao Parlament catalán o posible escenario de diálogo se non hai proclamación de independencia.
O Executivo de Mariano Rajoy despraza ao Parlament catalán o posible escenario de diálogo se non hai proclamación de independencia.
O consello de ministros dá o visto e prace ao Real Decreto Lei que modifica a Lei de Sociedade de Capitais para permitir o trasladao da sede social das empresas sin autorización da xunta de accionistas. A enerxética decide mudarse a Madrid aproveitando un cambio que non rexeita o PSOE
Banco Sabadell muda a súa sede a Alacant e CaixaBank estuda este venres se tamén marcha, en pleno debate do Govern sobre como aplicar o 1-O. O PDeCAT pide frear a declaración unilateral do luns: "As présas poden estragar o soño".
O tribunal suspende a pretendida comparecencia de Puigdemont invocando a tamén anulada lei do referendo pero Catalunya Sí Que Es Pot volve pedila amparándose no regulamento en vigor da Cámara. Rajoy advirte a Puigdemont de "males maiores" se insiste na folla de ruta mentres Goberno central, PP, PSOE e Ciudadanos rexeitan un diálogo con mediadores.
“Amosaremos a mellor cara deste país cando as institucións de Catalunya teñamos que aplicar o resultado do referendo”, limitouse a dicir o presidente da Generalitat sobre os seus próximos pasos
A mesa de partidos impulsada por Unidos Podemos propón que Goberno central e Generalitat pacten unha mediación antes de que o vindeiro luns o Parlament declare a independencia. A Audiencia Nacional imputa o xefe dos Mossos e os presidentes de Òmnium Cultural e a ANC por sedición.
Nunha duramensaxe, Filipe VI censurou con dureza a Generalitat e cualificou o procés como un movemento "á marxe do dereito e da democracia" e alfombrou o camiño cara ao artigo 155. Mentres, milleiros de cataláns volven saír á rúa para protestar contra a actuación policial do 1-O
As cargas policiais do domingo erosionan a imaxe internacional do Estado e levan ás mobilizacións a sectores alleos ao soberanismo. O PSOE apoia a Rajoy na defensa da unidade de España, pero critica as cargas; Ciudadanos preme pola aplicación do 155