A desmontaxe económica da vivenda pública en Galicia: historia dun valado
Hai dez anos o Goberno de Fraga lanzou a idea de construír un bloque de pisos de aluguer para a mocidade na entrada do Casco Vello compostelán. O bipartito impulsou o proxecto e o gabinete de Feijóo manteno paralizado por consideralo moi caro, aínda que mudou os logotipos dos valados da obra nada máis chegar ao poder. Mentres, o orzamento para a construción de pisos protexidos descendeu un 80% e o prezo da vivenda sobe por primeira vez en cinco anos.