Dereito á vivenda
"A primeira operación urbanística de Hernández recorda a Conde Roa"
Medra a oposición dentro e fóra do Concello de Santiago á liquidación do proxecto de pisos de alugueiro para a mocidade en pleno centro e a construción de "vivenda libre" no seu lugar. Mentres, o alcalde compostelán culpa da operación ao bipartito da Xunta.
Xunta e Concello liquidan o proxecto de pisos protexidos para mocidade no centro de Santiago
Agustín Hernández e Ethel Vázquez acordan trasladar máis de 4 quilómetros os pisos protexidos proxectados a 400 metros da Praza do Obradoiro e permitirán que a empresa que os constrúa promova "vivenda libre" no seu lugar.
Toda a oposición critica a Negreira pola xestión do desaloxo de Elviña
Representantes de PSdeG-PSOE, BNG e EU responsabilizan o Goberno municipal coruñés do desafiuzamento, mentres que o alcalde bota balóns fóra e culpa o anterior goberno bipartito da cidade.
Feijóo alega que hai prazas libres "nos albergues" ante a alerta de Cáritas a prol da vivenda digna
Cáritas reclama novas políticas de vivenda e medidas como "aluguer social ou ocupación de vivendas baleiras" para darlles respostas ás 3.600 persoas que dormen cada noite nas rúas galegas. O presidente da Xunta chama a "traballar" para "saber por que, se hai albergues que non se utilizan, hai xente que dorme na rúa". Audio no interior
A Coruña consuma o desaloxo dunha familia en Elviña tras unha forte resistencia cidadá
O Concello expulsa da súa vivenda unha muller, seu fillo e dous netos para poder equipar unha urbanización de 2.000 vivendas e cun enorme despregamento policial. Tres persoas, entre elas o bombeiro Roberto Rivas, permaneceron horas sobre o tellado para evitar a derruba dunha casa que o dono abandonou ante a forte presión.
Será o Ofimático "o próximo Gamonal"?
Veciños da Coruña volven intensificar as protestas ante o inminente desaloxo dunha familia en Elviña, cuxa casa podería ser derrubada na vindeira semana. As manifestacións colapsaron varias veces o tráfico e irromperon no pleno municipal sen que o Concello dea unha solución.
A loita contra o plan Ofimático intensifícase na Coruña ante os inminentes desaloxos
Stop Desafiuzamentos corta o tráfico á entrada da universidade en protesta pola próxima derruba da casa duha das familias afectadas por un proxecto que expropiou forzosamente varios cidadáns que recibiron en compensación terreos nos que non poden construír e que ninguén lles compra.
"Son inocente, o que si incita á violencia son os desafiuzamentos"
Roberto Rivas, bombeiro multado por "alterar a orde pública", declárase culpable por negarse a colaborar nun desaloxo pero nega que incitase a nada e rexeita continuar cun proceso que cre "inxusto, covarse e hipócrita". Insiste en que os atestados policiais foron "dirixidos" e abre unha campaña para que a cidadanía axude no pago da súa multa e das do resto de persoas sancionadas.
"Que foi das 500 vivendas da Xunta para os desafiuzados?"
Stop Desafiuzamentos manifestouse esta mañá ante varias sedes do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Galicia no primeiro acto coordinado dos diferentes colectivos para denunciar a negativa da Xunta a desbloquear as vivendas anunciadas por Feijóo para persoas desaloxadas.
"Non colaborarei nunca en desafiuzamento ningún; antes deixo de ser bombeiro"
Roberto Rivas, o bombeiro que se negou a participar no desaloxo de Aurelia Rey, fala con Praza dun xesto que deu a volta ao mundo e volve defender con firmeza a "desobediencia civil e pacífica" ante a "represión" que cre que supoñen algunhas leis.
Os desaloxos de vivendas alugadas duplican os hipotecarios en Galicia
Colectivos como Stop Desafiuzamentos apelan á responsabilidades das Administracións para axudar as persoas en risco de quedaren sen casa. A Xunta asegura que atende a problemática no marco das súas competencias.