Galicia conserva case 30.000 vivendas novas sen vender tras sete anos de crise
O incremento anual do número de vivendas pasou de 45.000 en 2007 a 1.200 en 2014. O parque total de pisos no país supera os 1,6 millóns.
O incremento anual do número de vivendas pasou de 45.000 en 2007 a 1.200 en 2014. O parque total de pisos no país supera os 1,6 millóns.
As execucións hipotecarias descenderon en todas as comunidades autónomas agás na andaluza e na galega, onde aumentaron un 3,3%. No país producíronse 667 lanzamentos durante o primeiro trimestre de 2015 e mantéñense no mesmo nivel que hai un ano.
O INE rexistra 1.900 persoas sen fogar no país, e Cáritas, máis de 3.600. A ONG reclama unha reforma da política hipotecaria e de alugueiro mentres a Xunta apela ás "prazas libres nos albergues".
O Goberno defende a liquidación das vivendas para mocidade previstas na céntrica avenida de Xoán XIII e ataca as características da obra prevista, impulsada polo bipartito pero adxudicada tras o retorno do PP á Xunta.
Máis de 1.000 inmobles foron embargados polo impago da hipoteca durante o pasado 2014 no país, segundo datos do INE. Tan só no último trimestre, leváronse a cabo 301 destas execucións, que non sempre acaban no desafiuzamento dos propietarios pero si son o paso previo.
Aprazado ata o 3 de marzo o desaloxo dunha familia en Ourense que acumula sete meses de impagos ao non poder facer fronte a un aluguer de 310 euros. A Xunta tan só lle ofrece unha vivenda social en Carballeda ou Castro Caldelas, nunha provincia co 23% das casas deshabitadas.
Toda a oposición apoia unha iniciativa do Bloque para manter as vivendas protexidas na compostelá avenida de Xoán XXIII, que Xunta e Concello liquidaron.
Tres anos despois da derrogación da lei que instaba a reservar ata o 40% do solo para pisos protexidos a media galega non chega ao 5%. A Xunta recortou dende 2009 máis do 90% dos fondos para construír vivendas de promoción pública.
Os colectivos anti desaloxos e as plataformas PAH do país maniféstanse este xoves ante as subdelegacións do Goberno para censurar a "represión" que aseguran sufrir. Máis de 5.000 euros conseguiron xa na Coruña para pagar as multas impostas a varios compañeiros.
O país acumula máis de 4.200 desaloxos dende comezos de 2013. No terceiro trimestre do ano descenderon os lanzamentos en propiedades alugadas pero aumentaron os hipotecarios. Feijóo retrucou a demanda de Cáritas a prol da vivenda digna alegando que hai prazas libres "nos albergues".