Dereito á vivenda
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
O prezo dos alugueiros na Coruña e Vigo creceu un 30% nos dous últimos anos
Nalgúns barrios céntricos destas dúas cidades o importe medio rolda os 600 euros mensuais. Pontevedra (+20,5%) e Compostela (+15%) tamén experimentarron importantes subas dende o 2016.
A sentenza das hipotecas, retrato dun enfrontamento sen piedade entre xuíces do Tribunal Supremo
Os maxistrados que votaron a prol da banca atacan o que consideran un xiro "tan inopinado como radical" que deu lugar á "controversia social". Os maxistrados críticos cren que os seus compañeiros despregaron "un desinhibido repertorio de medias verdades, desafogos verbais e argumentación pouco rigorosa"
"A casa é moito máis que un teito, é o espazo no que pode comezar un proceso de cambio"
ENTREVISTA | Compostela acolle este xoves a III Xornada sobre a situación das persoas sen fogar, centrada este ano no acceso á vivenda e as políticas públicas que fan posible este obxectivo. Falamos con Ana Pardo (Provivienda), Emilio Sola (Director de Servicios Sociais do Goberno Vasco) e Jorge Duarte (concelleiro de Dereito á Vivenda de Santiago).
Pedro Sánchez anuncia un decreto para que o imposto das hipotecas o pague a banca
A fórmula pola que opta o Goberno de España tras a viraxe do Supremo é un decreto para modificar a lei que regula o imposto e Sánchez di "esperar" que os bancos non repercutan o tributo na clientela cando estean obrigados a pagar. Pide, ao tempo, que o alto tribunal "reflexione"
O Supremo corríxese a si mesmo e ditamina que os clientes e non os bancos paguen os impostos das hipotecas
O alto tribunal español aproba por 15 votos a 13 revogar a doutrina que avalaran tres sentenzas e mantén a postura favorable aos bancos tras frear a aplicación da que daba a razón á clientela
O prezo dos novos alugueiros en Vigo e A Coruña rolda xa os 600 euros
O Observatorio de Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento analiza a situación do mercado de arrendamentos en 17 cidades e vilas galegas. As dúas principais urbes presentan os prezos máis elevados, seguidas de Compostela, Pontevedra e Ourense. A continuación aparecen Oleiros, Culleredo, Cangas, Vilagarcía e Redondela
O Supremo sume na incerteza a ducias de miles de persoas ao frear a nova doutrina sobre os impostos das hipotecas
O alto tribunal español xustifica coa "enorme repercusión económica e social" que traería consigo este "xiro radical" na doutrina sobre as hipotecas para frear a súa aplicación. Fontes xurídicas subliñan que o acontecido é totalmente inusual
Feijóo nega acoso inmobiliario da Xunta a unha anciá en Ourense e esixe "respecto" para os cargos querelados
"Coñezo os funcionarios, traballei na dirección xeral de Patrimonio e sei perfectamente que teñen absoluto rigor; son honorables e vounos defender", defende o presidente ante a acusación do fiscal, que atribúe aos dous cargos de Facenda un presunto delito de coaccións inmobiliarias
A inmobiliaria do Santander ameaza con botar das súas vivendas medio cento de familias de Cambre
En 2017 rematou o acordo de 20 anos que garantía o carácter social dos alugueiros dun inmoble de protección oficial. Fadesa vendeullo hai tres anos ao Banco Santander e nos últimos meses os veciños e veciñas -a maioría con moi escasos recursos- comezaron a recibir cartas que lles comunican que os seus contratos non serán renovados
A Fiscalía de Ourense querélase contra dous cargos da Xunta por acoso inmobiliario a unha anciá
Lucila, a piques de facer 93 anos, vivía dende 1963 de alugueiro nun piso da antiga Cámara da Propiedade de Ourense. O fiscal atribúe á Consellería de Facenda "medidas de presión non lexítimas" e "irregulares" para desafiuzar a anciá e un veciño dos seus pisos de renda antiga. A Xunta négao e subliña que tentou chegar a acordos amistosos
O plan da Xunta para alugar vivendas baleiras só deu incorporado 16 inmobles
O Instituto Galego de Vivenda e Solo admite que tras dous anos en funcionamento o resultado do plan da Xunta para facilitar pisos en alugueiro a baixo prezo é "escaso", con só 7 pisos adxudicados a familias, pero responsabiliza aos cinco concellos urbanos que non se sumaron a el. O PSdeG insta a reformular o proxecto