"Resposta pública inexistente": o BNG presenta a diagnose para guiar as súas políticas de vivenda
O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC entrega o informe encomendado polo Bloque para "afondar nas alternativas reais" á crise habitacional a Pontón, que reitera a petición de que toda a vivenda protexida teña esa condición para sempre e volve dubidar do cumprimento da promesa de 4.000 novos pisos públicos en 2028 lanzada por Rueda. O documento salienta a "práctica desaparición da promoción protexida como instrumento de vivenda pública" e advirte de que "unha parte significativa" da vivenda baleira "non está adaptada" para "responder á demanda actual"